Redondela celebrará o vindeiro, venres, 3 de agosto, a súa xa tradicional noite de compras, que este ano se fusiona coas actuacións do Festival de Artistas de Rúa. A cita arrancará á tardiña e a vila dos viadutos irá enchéndose de actuacións, concertos, circo, maxia e malabares nunha oferta ampla por todo o centro urbano.
Noite de compras tropical
Os comercios de centro urbano permanecerán abertos ata ás doce da noite con ofertas, descontos, sorteos e promocións especiais exclusivas.
Máis de medio centenar de comercios de moda e complementos terán en exclusiva un avance de temporada e a presentación desta nova colección virá acompañada de desfiles itinerantes nos que os modelos percorrerán as rúas con proposta estilísticas das principais e máis destacadas marcas das súas tendas.
A noite contará cunha ampla decoración de estilo tropical á que se sumará a hostalaría, que permanecerá aberta no seu horario habitual, con iniciativas singulares a este evento, propostas de degustación tropical e postos de street food e incluso unha food truck.
A xornada comprende un networking no que os representantes da Consellería atenderán de xeito individualizado as consultas e dúbidas dos asistentes.
Pode confirmarse asistencia chamando ao 986404012 ou ao 658592332 ou no enderezo electrónico aer@empresasredondela.com.