Moaña apraza por mor do mal tempo a Feira de Abelendo

Publicidad

A viaxe no tempo que pretendía facer Moaña este domingo terá que esperar. A previsión de choiva obriga a aprazar a Feira de Abelendo ata nova data. O evento ía conmemorar o 180 aniversario desta cita que foi unha especie de Corte Inglés. Agora volve como festa de época. Esta homenaxe á historia do municipio morracense ten o seu punto nostálxico.

A Feira de Abelendo terá lugar no Campo da Feira. Ese é o escenario elixido dende o Concello para retomar este evento mítico será unha homenaxe e un recordo aos nosos antepasados. A festa naceu hai 180 anos, pero o seu máximo esplendor o viviu na década dos 50. A programación deseñada para a cita que ía celebrarse este domingo 20 de outubro non sofre variacións polo momento. A feira, que anima a todos os asistentes a acudir con roupa de época, contará con máis de 30 postos de venta de artesanía, comida e alimentación ou produtos de campo.

Entre as propostas da Feira de Abelendo están os seus obradoiros, que permitirán aos asistentes a coñecer como se produce a extracción de mel. A festa de época tamén terá programación para a cativada, así como unha mostra de oficios tradicionais e animación de rúa. O evento ofrecerá un importante espazo á nostalxia e a historia coa exposición fotográfica que contará coa explicación guiada do investigador local Manuel Uxío García Barreiro. Outros dos seus reclamos ían ser as actuación de O Fiadeiro e o grupo folk Os Carunchos.

A Feira de Abelendo tamén prevé facer sorteo de cestas e produtos dos postos participantes. Ademais, o público poderá gozar de artesáns cos seus talleres facendo traballos en vivo.

Salir de la versión móvil