Moaña estrea o seu cine de verán con oitos películas dirixidas a todos os públicos

Publicidad

Seguramente Salvatore, o protagonista da mítica película “Cinema Paradiso”, teña en Moaña o seu lugar favorito para estar de vacacións. A vila morracense ofrece de forma tradicional todos os veráns un cine ao aire libre, unha programación itinerante que permite gozar de importantes proxeccións en diferentes parroquias da vila morracense. Nesta edición, o nivel aumenta. Mestúranse as longametraxes para os máis pequenos con grandes filmes que triunfaron en grandes certames como os Premios Goya, onde destaca a presenza nesta carteleira de “As bestas” ou “El buen patrón”.

Outra das novidades desta edición do “Cine de verán de Moaña” é que súmanse dous novos escenarios. Trátase de San Martiño, que acollerá o visionado da premiada película galega “As bestas”, e os Xardíns do Concello, onde os asistentes poderán gozar doutro éxito do audiovisual galego coma “O corpo aberto”, cinta protagonizada por Tamar Novas, Victória Guerra e María Vázquez.

O cine de verán de Moaña comeza este venres 14 de xullo cun clásico do cinema de rúa en Galicia como é a película “Live is Life”, a cinta ambientada na Ribeira Sacra dirixida por Dani de la Torre e con guión de Abert Espinosa. A proxección que abre este programa dirixido aos amantes do sétimo arte arranca no Parque Infantil de Tirán ás 22:30 horas.

O programa de oitos películas de esta proposta de ocio prolongarase ata o 8 de setembro, cando terá lugar a proxección de “Os demos de barro” no Adro da Capela dos Milagres, en Verducedo. Antes, outros filmes que se poderán ver son “El buen patrón”, en Quintela (24 de xullo); os xa mencionados “O corpo aberto”, nos Xardíns do Concello (5 de agosto); e “As bestas”, en Abelendo (9 de agosto); "Encanto", en O Latón (11 de agosto); “O monstro mariño”, no Rosal (18 de agosto); e Pinocho, na contorna do CEIP Domaio (25 de agosto). Todos os visionados son de balde e non é necesaria a inscrición previa.

Datas Cine de Verán de Moaña 2023

As películas do Cine de verán de Moaña

Live is Life

El buen patrón

O corpo aberto

As bestas

Encanto

O monstro mariño

Pinocho

Os demos de barro

Salir de la versión móvil