Moaña viaxa á década dos 50 para revivir o esplendor da Feira de Abelendo

Publicidad

Moaña recupera un evento histórico. A vila da comarca do Morrazo retoma a Feira de Abelendo. O fai para conmemorar o 180 aniversario desta cita que deixou de celebrarse a finais da década dos 70. O evento retomase o vindeiro domingo 20 de outubro estará ambientada nos 50, o momento do seu máximo esplendor. O Campo da Feira é o lugar elixido dende o Concello para retomar esta mítica Feira de Abelendo que é toda unha homenaxe aos nosos antepasados, unha recuperación da historia de Moaña que xa nos últimos tempos lembrou o Var con Uve.

A Feira de Abelendo será moito máis que a recuperación dunha das grandes citas históricas da vila. A idea de restaurala sucedeu en Moaña Antiqua. É unha oportunidade para que os adultos apelen á nostalxia mentres que os máis novos poderán gozar dun evento que na década dos 50 reunía no municipio a milleiros de persoas. A feira tradicional contará con máis de 30 postos de venta de artesanía, comida e alimentación ou produtos de campo. Ademais contará cunha mostra de oficios tradicionais, animación de rúa e obradoiros infantís. Toda a programación da Feira de Abelendo terá lugar na contorna do Parque da Feira de Abelendo.

A cita será unha viaxa á década dos 50 anos. Atopámonos ante unha festa de época de mediados do século XX, polo que se incentiva que a xente acuda caracterizada. O mercado da Feira de Abelendo abrirá ás 11:00 horas. Ademais dos postos de venta, os asistentes poderán desfrutar de O Fiadeiro. A agrupación viguesa protagonizará un pasarrúas ás 11:15 horas mentres que ás 13:00 horas ofrecerá unha actuación musical. Un dos reclamos deste evento será a inauguración da exposición fotográfica ás 11:30 horas, unha retrospectiva que contará coa explicación guiada a cargo do investigador local Manuel Uxío García Barreiro. O teórico “ofrecerá un novo pase” ás 16:00 horas.

Outro dos grandes momentos da Feira de Abelendo chegará cos Cantares do Cego, unha das propostas máis representativas deste histórico evento. O Cego de Matamá e Aldaina serán os encargados de recuperar unha das grandes tradicións da festa ás 12:00 e ás 18:30 horas. Esta cita tamén ofrecerá a posibilidade de asistir a diferentes obradoiros como o de extracción de mel (12:30) ou o de cerámica e olería tradicional dirixido aos máis pequenos (16:30). Precisamente, a cativada ocupa un elemento destacado na programación da Feira de Abelendo, coa actuación do espectáculo “A música das árbores” (17:30) que correrá a cargo de Anxo Moure e Servando Barreiro.

A feira tradicional despedírase co espectáculo musical que ofrecerá o grupo folk Os Carunchos (19:30 horas). Ao longo da xornada -lembramos que terá lugar o 20 de outubro- haberá sorteo de cestas e produtos dos postos participantes nesta Feira de Abelendo (14:00 e 19:15 horas). O evento conta cun espazo de lecer e para xantar na contorna do Parque da Feira de Abelendo. Os asistentes tamén poderán gozar de artesáns cos seus talleres facendo traballos en vivo. O mercado que nos levará de viaxe ata a década dos 50 pechará ás 21:00 horas.

A concelleira de Turismo, Coral Ríos, destaca que “esta feira era o motor económico de Moaña, alí movíase todo, era o noso Corte Inglés, todo se mercaba alí polo que é importante celebrar o seu 180 aniversario”

Salir de la versión móvil