Moaña continúa a ser un dos destinos dos máis apaixonados dos festivais. Unha das súas últimas creacións foi o Varadero Fest, un evento que pon en valor a música urbana e que se estreou nunha das épocas máis duras da pandemia, precisamente o momento no que a cultura precisaba de máis axuda. O resultado foi un éxito. Porén, esta cita cultura ten tamén a súa propia edición invernal. Algo así como unha especie de Xogos Olímpicos de inverno.
Esta versión do Varadero, bautizada como Varadero A/V, chega como unha das propostas de ocio musical máis interesantes do que queda de ano. Esta segunda edición, que terá lugar a partir das 19:00 horas do 27 de novembro no Centro Cultural Daniel Castelao, cun “menú” de artistas 100% galegos que estará encabezado por BFlecha e seguida dos xovencísimos Yugen Kala.
O concepto deste festival que propón xuntar música e imaxe, arte e movemento, realidade e ficción consolídase na axenda cultural do Concello de Moaña. O responsables do evento propoñen unha experiencia audiovisual na que converxen as videoproxecións coa a música de BFlecha e Yugen Kala. Unha sesión de dj e un concerto que na tarde do sábado 27 de novembro que farán delicias dos asistentes ao Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela.
O deseño da imaxe gráfica corre a cargo de Paco Quintas, de Dosceworks, e todas as fotografías correrán a cargo de Xiana Quintas.