Moaña terá por vez primeira unha muller como pregoeira dun Entroido que aspira ser “referencia galega”

Publicidad

De Domaio a Tirán, o Entroido de Moaña botarase ás diferentes parroquias para celebrar a esgalla unha das súas festas máis importantes e de maior “emoción”, tal e como comentou a súa alcaldesa, Leticia Santos, na presentación do evento.

Segundo avanzou esta mañá o concelleiro de Cultura, Salvador Meira, serán doce as comparsas que se encarguen de “animar as diferentes parroquias” coas tradicionais sátiras das que non se escapa ninguén.

Pero a principal novidade deste Entroido será a de contar por vez primeira en solitario na historia do municipio cunha muller como pregoeira, María Salgueiro. A actriz e guionista moañesa, coñecida polo seu traballo na Televisión de Galicia e en series de ámbito nacional como Vis a Vis, de Antena 3.

O Entroido de Moaña prolongarase dende o 10 ata o 18 de febreiro, nove días de troula nos que destaca a xornada de apertura no sábado de Entroido e o domingo de peche, no que co tradicional Enterro da Sardiña os veciños e veciñas despediranse da festa até o ano que vén.

Programación do Entroido de Moaña

Sábado, 10 de febreiro

17:00h – Carpa do paseo marítimo de Moaña
Pregón de apertura a cargo de María Salgueiro
Actuación das comparsas. Degustación gratuíta de orellas e filloas

19:30h- Centro Cultural de Verducedo
Actuación das comparsas

23:30 h- Carpa do paseo marítimo
Festa do Entroido con The Turre’s Band e un DJ

Domingo, 11 de febreiro

11:30h – Adro de San Benito, Domaio
Festival de Comparsas de Domaio

17:00h – Paseo marítimo
Actuación de comparsas ao longo da tarde

17:00h – Saída do Pombal
O Paso Redondo (Meira)

18:00h – Paseo do Samertolameu (Meira)
Carnaval tradicional: desfile de Madamas, Galáns e Fedellosos

Luns, 12 febreiro

20:00h – IES As Barxas
Festival de Comparsas

Martes, 13 de febreiro

17:00h – Alto da Praza de Abastos
Obradoiros, música e animación infantil

20:00h – Centro Sociocultural Daniel Castelao en Quintela
Festival de Comparsas

23:30h – Festa do Entroido na Carpa. Música co DJ Xoel Muíños

Xoves, 15 de febreiro

17:00h – Escola Municipal de Música
Festa do Entroido

19:00h – Actuación de comparsas no Con e no Real

Venres, 16 de febreiro

20:00 h – Centro Sociocultural Castroviejo de Tirán
Actuación de comparsas

22:30 h – Carpa do porto de Domaio
Festival do Entroido

Sábado, 17 de febreiro: Enterro da Xoubiña

17:00 h – Saída dende o peirao do Con até o palco da música
Desfile e espectáculo pirotécnico. No caso de choiva, trasládase ao domingo, 25 de febreiro

19:00 h – Adro da Peregrina
Actuación de comparsas

23:00 h – Carpa do paseo marítimo
Festa e concurso de comparsas. Actuación de DJ.

Domingo, 18 de febreiro: Enterro da Sardiña

17:00 h – Saída dende a rúa Ramón Cabanillas até Concepción Arenal
Desfile e espectáculo pirotécnico

Na presentación desta mañá do Entroido de Moaña participaron o concelleiro de Cultura, Salvador Meira, o concelleiro de Xuventude, Pablo Ríos, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal. Durante á mesma entregouse o premio do deseño do cartaz á Luz Beloso e Sara Pena Ríos, creadora do mesmo.

Na organización das festas colaboran as doce comparsas participantes (Animodo, Cada un que se safe, Calcarrúas, D’elas, Follas Novas, Nosa Terra, Os Combois, Os Lobo Ghaitas, Os que faltaban, Sen tempo non era, Vaille dando e Tarde mal e arrastro) así como as asociacións A.C. Animodo, A.C.F. Charaviscas, F.C.X. Meiramar-Axóuxeres, Asociación de Mulleres de Moaña, A.V.V. A Bouza-Quintela, Asociación Comisión de Festas da Peregrina, A.V.V. Tirán O Pegho e A.V.V. Berducedo-O Piñeiro. Colaboran tamén Protección Civil, os centros educativos e ANPAS de Moaña e o IES As Barxas e a Deputación de Pontevedra.

Salir de la versión móvil