Música para Carlos Casares, este xoves no Marco

Publicidad

O grupo vigués Xardín Desordenado ofrecerá este xoves, 5 de outubro, un concerto-homenaxe a Carlos Casares, autor das Letras Galegas deste ano. Baixo o título de “Carlos Casares, un xardín de poesía, contos e relatos”, o grupo formado por Santiago Ferragud, Marlene Rodrigues, Isaac Garabatos, David Outumuro ,Blas Segura e Lorenzo Boo interpretará os temas do seu terceiro traballo discográfico dedicado ao escritor ourensano,  unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX.

Dende as 20:30 horas, os asistentes poderán desfrutar de cancións compostas sobre os relatos de Casares no MARCO de Vigo, amais de poemas recuperados pola fundación do escritor e que foron incluídos no disco. Blues ou bossa nova mesturaranse para dar conta de temas como A Galiña Azul, Primeira Lembranza, Un polbo xigante ou Amemos.

 

Este traballo forma parte da homenaxe de Xardín Desordenado ao autor das Letras Galegas de 2017. O grupo, dende o seu nacemento, ten como obxectivo promover a poesía galega, como así fixo nos seus dous primeiros traballos: “Xardín desordenado” (2011) e “aprendendo a ladrar (2014), traballo con poemas das poetas galegas.

Salir de la versión móvil