A programación de verán de Gondomar, que deu comezo este venres co concerto de Xisco Feijóo, contará cunha vintena de actividades até o 3 de setembro que irán dende a música ao aire libre ao circo pasando por un festival canino e unha noite de "humor e flamenco".
Este sábado 16 de xullo o Rally das Donas fará parada no municipio entre as 18:00 a 19:00 horas, namentres que o domingo volverá a música en directo co concerto de Ardelume ás 22:30 horas. En ambos casos a cita será na Praza da Paradela.
Continuando coa programación, o sábado 23 de xullo terá lugar na Praza Escolas Vellas o espectáculo de Fantoches Baj “O tranvía Leonardo” ás 20:30 horas. As dúas seguintes xornadas, 24 e 25 de xullo, estarán dedicadas ao Festival de Escolas de Danza con Ldanzia, Paradela, Escola de Danza Gondomar e Danzarte. O 28 e 30 de xullo tamén estarán dedicados á danza co Festival de Danza Contemporánea ABANEA na Praza Paradela ás 21:00 horas.
Unha das novidades chegará a fin de semana do 30 e o 31 de xullo coa celebración de Xiracan, un festival "dog friendly" que se celebrará no Parque Canino de Gondomar e que contará tamén con cita musical da man dos Hermanos Cunha .
Xa en agosto, o día 4 no parque de skate de Gondomar ás 20:30 horas celebrarase o Festival do Skate “Gondomarspot”. O venres 5 estará Sebastián Pitré co concerto “Concepto Nomade” na Casa de Peralba ás 21:30 horas. Ao día seguinte, tamén será un día cheo de música con Pablo Lesuit en concerto con “Belorizonte” na Praza da Paradela ás 22:30 horas. Para rematar a semana, o domingo 7, haberá máis música con Indiana en concerto no Parque das Rosas ás 20:30 horas.
A fin de semana seguinte, do 12 ao 14 de agosto, terá lugar o Festival de Circo a partir das 20:30 horas. Namentres que o luns 15 actuarán Cristián e o Ballet de María Rial en “Humor e Flamenco”.
O 19 de agosto a cita será coa actuación de Sugar Pocket ás 22:00 horas. O 20 e o 21 tamén terán como protagonista a música con Mesteño Blues na Praza Paradela ás 22:00 e o Mago Teto e a Banda de Vincios na Praza de San Bieito ás 21:30 horas, respectivamente. Agosto rematará co concerto de Tabikon ás 22:00 horas.
O sábado 3 de setembro, a cita será cos Cantares de Brión e Cantigas e Agarimos co “Proxecto Cantares no Miñor” na Praza Paradela ás 20:00 horas. A programación rematará do ao 19 de setembro co Encontro Internacional de Música Tradicional e Folk “Miñor Sons”.