O Morrasound atópase ante o seu gran día. O festival, que celebra a súa terceira edición, afronta a súa segunda e última xornada. O peche promete emocións moi fortes. Tras un venres na que a protagonista foi a música, este sábado haberá un amplo programa que contén deporte urbano, teatro, actividades para os máis pequeños e, como non, moito rock and roll.
O Mirador da Fontenla, en Domaio, é o fogar do Morrasound. É un lugar marabilloso, un espazo que otorga ao festival moañés un elemento diferencial con respecto a outras citas que teñen lugar este verán en Galicia. A festa xa é unha realidade. Non só polos concertos de onte venres, senón porque a troula xa arrincou nesta segunda xornada dende as 12:00 horas neste festival deseñado tamén para toda a familia.
O sábado promete ser moi longo. Os grandes reclamos desta traca final da terceira edición do Morrasound chegarán tralo solpor. Será o momento no que Leo Bassi, ás 22:30 horas no Escenario Fontenla, conquiste ao público co seu particular espectáculo humorístico. Tras o protagonismo escénico que sempre hai no evento moañés, chegará o concerto de Ses, ás 23:30 horas no Escenario Superbock. A actuación da galega é un dos momentos máis esperados de todo o festival.
Sen embargo, o Morrasound é moito máis que a presenza de dous artistas contrastados como Ses e Leo Bassi. Os asistentes poderán gozar dos concertos dunha das bandas emerxentes do rock nacional como son as galegas Agoraphobia ou da música de The Soul Jacket, Los Deltonos ou Guadalupe Plata.
O festival moañés volver contar na súa programación cunha modalidade de deporte urbano. A disciplina deste ano recibe a nome de "Speed & Style", que consistirá nun circuíto tipo "pumptrack" en baixada e un salto dobre tipo "dirtjump" na meta. Todas estas acrobacions faranse coas marabillosas vistas que hai dende o Mirador da Fontenla.
Por último, Morrasound incluiu tamén nesta terceira edición unha programación deseñada para os máis pequenos da casa. A rapazada pode participar no festival a través de obradoiros como bolsas rockeiras ou maquillaxe e tattos rockeiros. Ademais, a partir das 21:00 horas teñen a posibilidade de ser un rockeiro máis grazas ao concurso de air guitar. O festival volve contar este ano con Peter Punk, "o pallaso oficial do Morrasound".