Música de Vivaldi ou Strauss para despedir o ano en Tui

Publicidad

O Concello de Tui celebra este venres, 22 de decembro, o seu Concerto de Nadal no Teatro Municipal. A cita, que arrancará ás 21:00 horas, correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui acompañada pola coral da Academia de Música da Fortaleza de Valença.

A Orquestra Sinfónica de Tui, que fixo a súa presentación oficial neste mesmo evento fai agora un ano, está formada por 42 alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia de Música da Fortaleza de Valença. No concerto participará tamén a Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença, integrada pro 32 persoas. Estarán dirixidos por Luís Caballero.

O concerto comezará coa orquesta de corda que interpretará Saint Paul’s Suite de Gustav Holst (I e IV movementos), concerto para dúas guitarras en Sol maior Rv 533 de A. Vivaldi e 3 Fados (Locura,Primavera e Meu Fado) da tradición popular portuguesa.

A continuación a Orquestra Sinfónica interpretará o clásico Danubio Azul de J. Strauss e como remate a Orquestra Sinfónica e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença ofrecerán conxuntamente Adeste Fideles de J. F. Wade, Natal de Elvas, Suite de Navidad (Arreglo de  Marcos Valcárcel Gregorio) e Marcha Radetzky de J. Strauss.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende as 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.

Salir de la versión móvil