Nace Peixe Fest, un festival de talentos creado por seis nenas de Moaña

Publicidad

Din que as grandes xestas sempre comezan en pequenas ideas. Iso deberon pensar Sabela Pena e Carmen Nogueira, dúas curmás que estudan cuarto de Primaria que o pasado 25 de agosto, mentres xogaban na casa dos seus avós, deron coa necesidade de crear un festival de talentos que tivese lugar no Concello de Moaña. O obxectivo era converter os xogos dunha tarde de cumpreanos en todo un evento que abranguera dente o baile á maxia. Decididas para cumprir a súa cometida e co apoio das súas amigas Vania Cruz, Enma Rial, Carla Méndez e Sara Juncal (xuntas formas as “6 Mosqueteiras”) e do Concello de Moaña a idea agromou co nacemento de Peixe Fest, cita que terá lugar o vindeiro 30 de marzo no Auditorio do Centro Socio-Cultural Daniel Castelao ás 18:30 horas.

Este novo festival de talentos aberto á participación de xente de todos os lugares e tódalas idades dispon de varias categorías por idades: Xoubiña, para a rapazada que curse dende 4º de educación infantil ata 1º de primaria incluída; Xouba, para as nenas e nenos que cursen dende 2º ata 5º de primaria; Sardiña, rapazada que curse dende 6º de primaria ata 4º de ESO; Pan de millo, destinado dende Bacharelato ata persoas xa adultas; e Empanada milla, una modalidade na que un grupo composto a lo menor por 2 persoas, das que a lo menos unha sexa das categorías de “peixes” e outra da categoría “pan de millo”.

O Peixe Fest tamén deixa aberta a posibilidade de participar de forma colectiva nas categorías “peixe”. A organización incorporará ao grupo na categoría da persoa de maior idade do grupo. Cada participante terá unha duración máxima de cada actuación de 3 minutos, 180 segundos no que poderá demostrar o seu talento ante un xurado que estará composta polas seis creadoras de este curioso evento.

Os interesados en participar nesta primeira edición do Peixe Fest poden enviar xa os seus vídeos ao correo electrónico culturaedeporte@concellodemoana.org. O prazo de inscrición pechará o 22 de marzo, ás 14:00 horas. Os potenciais participantes de Peixe Fest deben enviar no mail unha solicitude de participación na que debe figurar nome apelidos, a idade ou idades das persoas participantes (se son menores a inscrición debe ir autorizada polas persoas titoras das mesmas), o seu teléfono e correo electrónico de contacto e as necesidades técnicas que poida requirir o seu espectáculo, ademais dunha breve descrición do mesmo e as observación que consideren oportunas.

Sabela, Carmen, Carla, Emma, Vania e Sara serán as encargadas de facer o casting. O martes 26 de marzo, as 6 Mosqueteiras, como elas mesmas se chaman no seu grupo de WhatsApp, comunicarán ás persoas finalistas que foron escollidas para participar o sábado 30 de marzo nesta primeira edición do Peixe Fest.

As organizadoras do Peixe Fest sinalaron que as persoas finalistas que vaian a utilizar caracterización para a realización do seu espectáculo deberán ir completamente preparadas ao non contar o lugar de evento de vestiarios ou camerinos suficientes. O tamaño do escenario do Peixe Fest é de 8,40 metros de ancho por 4,60 metros de fondo.

Salir de la versión móvil