Nigrán estrea este domingo a premiada película "Matria" do vigués Álvaro Gago

Publicidad

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 16 de Abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a estrea da premiada longametraxe 'Matria', ópera prima do vigués Álvaro Gago. A entrada é de balde ata completar aforo. A proxección da película se encadra no ciclo de 'Cine Galego de Estrea' que o Concello iniciou a semana pasada con 'As Bestas' e que continuará o domingo 30 de Abril con 'O corpo Aberto', de Ángeles Huerta.

'Matria' nace da curtametraxe homónima de Álvaro Gago, foi estreada en febreiro con gran éxito de público e crítica na Berlinale e obtivo o Gran Premio do Xurado en Sundance e sendos premios 'Biznaga de Oro' e 'Mellor Actriz' (María Vázquez) no Festival de Cine de Málaga.

O filme é un verdadeiro drama social no que Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.

Salir de la versión móvil