O Apalpador regresa polo Nadal: consulta os concellos que visitará en Vigo e na súa área

Publicidad

O Apalpador, a tradicional figura do Nadal en Galicia, visitará este ano 46 concellos da provincia da man do programa "Nadal en Galego" da Deputación de Pontevedra, e en compañía do acordeonista Servando Barreiro e o seu burro Río Lor, que se pasearán polas rúas das diferentes localidades entre o próximo 19 de decembro e o 4 de xaneiro. As primeras xornadas, entre o 19 e o 22 de decembro polas tardes, haberá actividades, pasarrúas ao aire libre e actuacións en espazos pechados. Ademais, ata o 4 de xaneiro, excepto os días de Nadal e Aninovo, haberá dous eventos pola mañá e dous pola tarde.

A falta de coñecer as datas e os horarios de cada localidade, que se publicará nos próximos días, se sabe que O Apalpador visitará na área de Vigo os concello de Salceda de Caselas, O Porriño, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Soutomaior e Mos. Tamén chegará a Marín, Bueu, Cangas e Moaña no Morrazo; Oia, Gondomar, e Nigrán no Val Miñor; A Cañiza, Salvaterra de Miño, As Neves, Ponteareas, Mondariz, Mondariz- Balneario e Arbo no Condado-Paradanta; Tomiño e Tui no Baixo Miño; Poio, Barro, A Lama, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade na comarca de Pontevedra; Cambados, A Illa, Vilagarcía, Meis, Meaño, Ribadumia e Sanxenxo no Salnés; Pontecesures, Portas, Cuntis e Caldas na comarca de Caldas; e Dozón, Agolada, A Estrada, Forcarei, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro e Lalín no Deza-Tabeirós.

Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores  que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas as comarcas da provincia.

O programa "Nadal en Galego" foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia de Galicia e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.

Salir de la versión móvil