O cartel que si desvela o festival Sinsal

Publicidad

A illa de San Simón agarda para acoller unha nova edición do Sinsal, un festival modélico, exemplar, que ten como gran singularidade o cartel segredo de música co que ninguén coñece que grupos ou artistas actuarán nesa xornada. Sen embargo, hai outros dilemas sobre o evento que si se coñecen antes de coller o barco cara a illa pertencente ao concello de Redondela. Un deles é a programación de actividades. Os asistentes ao evento, que dura do 25 ao 28 deste mes, terán a súa disposición propostas como andainas, obradoiros, catas ou sesións con Aleksander Kollowski. De momento, aínda quedan entradas para a xornada do xoves. As localidades podense adquirir na plataforma de Eventbrite.

Todos os días do Sinsal haberá opcións pensadas para todos os públicos e xa está aberta a inscrición para participar nas actividades a través da plataforma Eventbrite. Unha das propostas serán as Sesións San Simón co británico Aleksander Kollowski incorpóranse ao programa do festival e abertas ao público.

As actividades no festival Sinsal están pensadas para todas as idades, aínda que o xoves 25 e o domingo 28 intensifícase o programa familiar con laboratorios fotográficos, obradoiro de origami, acción con espellos no Paseo dos Buxos da Illa de San Simón e a proposta de arquitectura para a rapazada de Sistema Lupo. Todas as xornadas do festival inclúen ademais a xa tradicional escola de kaiak do festival, que permite a nenas e nenos dar unha volta pola ría neste tipo de embarcación.

Xa cunha orientación cara o público adulto inclúe as catas de viño e conservas organizadas por Galicia Wine en colaboración coa Real Conservera Española de Cambados e Adegas Ponte da Boga, de Castro Caldelas. Esta é unha das actividades que ten prezo aparte da entrada do festival. Os asistentes terán que abonar 7 euros se queren participar desta cata de produtos de terra e mar.

O público adulto tamén terá a posibilidade de facer as Andainas Sinsal, unha proposta iniciada o pasado ano e que permiten a xuntanza en grupos de vinte e cinco persoas para coñecer mellor a illa de San Simón e a súa historia. Conducidas polo codirector do festival, Julio Gómez, e a paisaxista e artista, Iria Vázquez, todos os días do festival os asistentes porán afondar no coñecemento e significado deste espazo, de maneira gratuíta e con inscrición previa.

A outra actividade que salienta o Sinsal son as sesións de gravación a cargo Aleksander Kollowski, que xa en 2018 fixo rexistro sonoro en cilindros de cera de poetas e artistas que pasaron pola illa. En 2019 máis rexistros, abertos ao público no Miradoiro da Illa. O británico é un compositor, violinista e investigador que utiliza a gravación de son histórico e aparatos de reprodución e medios obsoletos para facer música mecanoacústica contemporánea. En 2018, a promotora Sinsalaudio convidouno no mes de xullo á illa de San Simón, un espazo cargado de memoria, con motivo do Sinsal. Alí, Kollowski sorprendeu aos artistas do “cartel secreto” do festival e ao público cunhas sesións de gravación que en lugar dos sons amplificados, mellorados electronicamente e hiper-reais aos que estamos sometidos na nosa vida cotiá, reproducen con cilindros de cera un son moito máis próximo a un recordo desdebuxado, a unha impresión sonora. As sesións realizadas até agora poden verse na canle de Vimeo do Sinsal.

O festival Sinsal ten na súa web oficial (premer aquí) toda a información para apuntarse a estas actividades que terán lugar durante as catro xornadas que dura o evento.

Programa de actividades do Sinsal 2019

Xoves 25
16:30. Laboratorio fotográfico “Pegadas botánicas”. Arte y Garabato.
Punto de encontro: diante das oficinas do festival
17:15. Taller de creación de luminarias de origami. Miradoiro
17:30. Escola de kaiak. Até as 19:30
18:00. Andainas Sinsal SON Estrella Galicia. Punto de encontro: diante
das oficinas do festival
18:00. Laboratorio fotográfico “Pegadas botánicas”. Arte y Garabato.
Punto de encontro: diante das oficinas do festival
19:00. Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Miradoiro
19:30. Un bosque invertido. Acción con espellos. Arte y Garabato. Punto
de encontro: diante das oficinas do festival, e acción no Paseo dos
Buxos.
21:00. Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Miradoiro

Venres 26
16:30. Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Miradoiro
17:30. Escola de kaiak. Hasta las 19:30
18:00. Andainas Sinsal SON Estrella Galicia. Punto de encontro: diante
das oficinas do festival
18:00. Taller de creación de luminarias de origami. Miradoiro
21:00. Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Miradoiro

Sábado 27
13:00. Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Audición
na Capela
13:00. Cata de viño e conservas: 3 harmonías de terra e mar.
Galicia.wine con Adega Ponte da Boga e Real Conservera Española.
Miradoiro
15:00. Taller de creación de luminarias de origami. Miradoiro
16:00. Andainas Sinsal SON Estrella Galicia. Punto de encontro: diante
das oficinas do festival
16:00. Escola de kaiak. Até as 19:00
16:45. Cata de viño e conservas: 3 harmonías de terra e mar.
Galicia.wine con Adega Ponte da Boga e Real Conservera Española.
Miradoiro
16:45. Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Cemiterio,
Illa de San Antón.
18:00. Taller de creación de luminarias de origami. Miradoiro
18:00. Andainas Sinsal SON Estrella Galicia. Punto de encontro: diante
das oficinas do festival

Domingo 28
12:30. Cata de viño e conservas: 3 harmonías de terra e mar.
Galicia.wine con Adega Ponte da Boga e Real Conservera Española.
Miradoiro
13:15. Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Miradoiro
15:00. Taller de creación de luminarias de origami. Miradoiro
15:30. Laboratorio fotográfico “Pegadas botánicas”. Arte y Garabato.
Punto de encontro: diante das oficinas do festival
16:00. Andainas Sinsal SON Estrella Galicia. Punto de encontro: diante
das oficinas do festival
16:00. Densidade variable. Laboratorio experimental de arquitecturas.
Sistema Lupo. 2 talleres de prazas limitadas (16:00 e 18:30) e área
aberta até as 20:00. Illa de San Antón.
16:00. Escola de kaiak. Até as 19:00
17:00. Laboratorio fotográfico “Pegadas botánicas”. Arte y Garabato
17:00. Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Audición
na Capela
17:30. Cata de viño e conservas: 3 harmonías de terra e mar.
Galicia.wine con Adega Ponte da Boga e Real Conservera Española.
Miradoiro
18:00. Andainas Sinsal SON Estrella Galicia. Punto de encontro: diante
das oficinas do festival
18:30. Taller de creación de luminarias de origami. Miradoiro
19:00. Un bosque invertido. Acción con espellos. Arte y Garabato. Punto
de encontro: diante das oficinas do festival, e acción no Paseo dos
Buxos. Segunda sesión ás 19:30

Salir de la versión móvil