O Cineclube Lumière está de estrea

Publicidad

O luns son días de cine en Vigo. O Cineclube Lumière estrea o ciclo de novembro titulado "O ruído e a furia". Os organizadores deste evento adicado para os máis cinéfilos parafrasean o título de Willian Faulkner no que relata a súa viaxe polo sur dos Estados Unidos tras a derrota do seu país na Guerra de Secesión.

O ciclo estará composto por filmes que tamén presentan unha viaxe por países que sobreviven a conflitos aínda latentes, cheos de furia e violencia. Cambios complexos e abundantes danos colaterais que non veñen doutros mundos ou dimensións alternas, senón que son froito da incapacidade, ineptitude e a falta de xenerosidade que ten o ser humano para chegar a acordos.

A primeira entrega será este luns 5 de novembro coa proxección de "Matar a Xesús", unha cinta de Laura Mora na que pregunta que faríamos se fósemos testemuñas do asasinato dun ser querido? ou "que faríamos se nos atopamos coa persona que o fixo? O filme está baseado nunha experiencia persoal parecida á da protagonista vivida polo cineasta.

O vindeiro 12 de novembro será "Of Fathers and Sons", unha película que propón unha ollada dende o interior dunha familia jihadista. Dous nenos obedecen, adoran e admiran o seu pai. Un deles quere seguir o mesmo camiño co seu proxenitor, pero o outro, farto, quere volver á escola.

O lunes 19 de novembro chegará o momento de "Os cans", de Marcela Said. Na película aborda a historia cruenta e aínda latente da ditadura chilena. Máis que dar novas respostas intenta xerar algunha nova reflexión, co foco posto na explícita complicidade da sociedade civil.

O ciclo de cine do Cineclube Luimère pecha o luns 26 de novembro coa proxección dun filme sorpresa.

Horarios e prezo das entradas

O prezo é de 4 euros para os socios do Cineclube Lumiére ou parados con carné. Para ser socio a cuota anual é de 18 euros. Neste caso, os organizadores tamén ofrecen a posibilidade de sacar un bono de 5 filmes a un prezo de 15 euros.

A cuota por cada filme para os colaboradores é de 5 euros.

En canto os horarios, as proxeccións comenzan ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vigo, en Praza do Rei.

Salir de la versión móvil