O cinema volve a Tui este venres coa proxección de "Canta 2"

Publicidad

As proxeccións de cine regresan este venres 17 de marzo a Tui. A cita será no Teatro Municipal da man de película para público infantil "Canta 2",  a secuela do filme xa proxectado na cidade, ‘Canta’.

Esta será a última cita da programación teatral de febreiro e marzo en Tui. ‘Canta 2’ conta a historia de Bluster Moon e o seu elenco de estrelas, que se están preparando para estrear a súa actuación máis impresionante ata a data. Pero antes teñen que persuadir ó rockeiro máis solitario e huraño do mundo: unha vella gloria interpretada polo lexendario icono musical Bono.

Cunha duración de 110 minutos, ‘Canta 2’ está dirixida para todos os públicos. As entradas teñen un prezo de 4 euros, sendo de 3 euros cos descontos para os posuidores do carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos. Poden mercarse en tui.gal até media hora antes do inicio da función.

Salir de la versión móvil