A Guarda comeza a súa desescalada progresiva. O Concello vai a permitir o acceso as praias do municipio, ao castelo de Santa Cruz e aos espazos naturais, como o parque do Cancelón. Nestes espazos permitirase, a partir de hoxe, 28 de abril, o paseo dos máis pequenos, sempre e cando cumpran coa normativa estatal: ir acompañado dun adulto, permanecer fora do domicilio como máximo unha hora e non afastarse da vivenda máis dun quilómetro. Manteranse pechados os parques infantís para evar aglomeracións.
Na xuntanza municipal da Comisión de Coordinación do COVID-19 deste luns, tamén se propuxeron liñas de traballo para ir adiantándose a futuros escenarios como a elaboración dun documento técnico e un protocolo para o momento en que se volvan a prestar servizos nas oficinas municipais de forma presencial.
Ademais dos temas sinalados tamén se trataron outras cuestións, como a convocatoria dun pleno extraordinario para a adopción de medidas económicas, entre elas a de non cobrar as terrazas neste 2020. Así mesmo falouse da adopción de medidas de fomento e dinamización do sector turístico e o comercio local. Neste punto o alcalde guardés, Antonio Lomba, emprazou aos membros do equipo de Goberno a unha reunión monográfica.