O encontro musical galego-portugués MUMI regresará de novo a Tui en setembro

MUMI 2021 // Facebook MUMi - Margarida Ribeiro

Publicidad

O MUMI 2022, o evento que conectará ás industrias musicais galega e portuguesa na Eurocidade Tui-Valença xa ten data de celebración. O encontro musical trasladase á última semana de setembro e terá lugar durante tres días, dende o 29 de setembro ata o 1 de outubro, nos que se realizarán encontros musicais en localizacións emblemáticas de ambos municipios.

No acto de presentación anunciouse que a partir deste xoves 24 de febreiro quedará aberto o prazo de inscrición na páxina web do MUMI de forma totalmente gratuita, para todos aqueles interesados en participar na 3ª edición da feira. A convocatoria para as propostas de artistas e bandas galegas e portuguesas permenecerá aberta ata o 31 de marzo e as inscricións para profesionais terán de prazo ata as datas de celebración do evento.

Un dos obxectivos do MUMI 2022 é "seguir creando novos mercados para as musicas galega e portuguesa". Dende a organización aseguran que pretenden atraer programadores do sector público e lograr que a feira se convirta nun obrigado punto de encontro para as contratación artísticas dos concellos e cámaras municipais dos dous territorios. Ademáis, esperan que, nun prazo de cinco anos, o MUMI se afirme como a Feira Internacional da Lusofonia.

Diana Martins e Manuel Vicente Roxo, representantes dun equipo organizador con estrutura en ambas beiras do Miño, manifestaron a súa satisfacción por ter atopado na Eurocidade unha "garantía de estabilidade para o MUMI, que este ano pretende consolidarse tanto en ubicación como en calendario".

Manuel Vicente Roxo lembrou, no acto de presentación, o importante impacto económico e social da pasada edición, na que participaron máis de 80 artistas e 132 profesionais galegos e portugueses do sector musical. A feira realizou un gasto directo na Eurocidade de perto de 12 mil euros aos que hai que sumarlle o gasto indirecto realizado polos cerca dos 2.000 visitantes que se achegaron a participar da programación cultural. Roxo asegurou que nesta 3ª edición "prevese aumentar este impacto económico".

Desta maneira, artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral daranse cita na última semana de setembro neste evento que conta co apoio económico de ambos municipios, o da Xunta de Galicia, a Direção de Cultura do norte de Portugal e a Fundação GDA (Gestão dos Direitos dos Artistas). Ademais a organización tamén anuncio que este ano participará a CRTVG, "para garantir a través da Radio Galega e a Televisión de Galicia a cobertura da feira; unha difusión que na outra beira do Minho estará apoiada desde os medios públicos portugueses Antena 2 e Antena 3".

Acto de presentación do MUMI 2022 en Tui

"O MUMI é unha grande oportunidade para converter a Eurocidade Tui-Valença nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países". Esta foi a mensaxe lanzada pola organización da feira no acto de presentación, onde participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o presidente e responsable de Cultura da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; o xefe territorial da Xunta en Pontevedra, César Pérez Ares; e representando á organización do MUMI, Diana Martins e Manuel Vicente Roxo.

Salir de la versión móvil