Un ano máis o Festival de Jazz de Moaña convértese nunha das citas de referencia para os amantes desta música. Nesta nova edición, cun cartel máis galego que nunca, que encherá de jazz o Arboredo da Xunqueira durante os días 14 e 15 de Agosto cumplindo con todas as normativas anti-covid.
A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Coral Ríos, o delegado de Ensino e Deportes, Juan Parcero, e a tenente alcaldesa Marta Freire, xunto á Asociación de Jazz de Moaña, presentaron a pasada fin de semana, nos xardíns do concello, o cartel do Festival de Jazz de Moaña 2020.
O equipo de goberno e os representantes da Asociación de Jazz de Moaña subliñaron que “o Festival de Jazz de Moaña xa é un dos eventos imprescindibles do programa “Días de Mar” e apuntan tamén que “nesta edición garantiranse as medidas de seguridade necesarias para o correcto desenvolvemento seguindo todas as normativas vixentes”. O aforo será limitado a 300 persoas e as entradas serán gratuítas e estarán dispoñibles online, na plataforma www.reservas.gal, e na oficina de turismo. Pola súa parte a Asociación de Jazz de Moaña, encargados da produción das actividades din estar “moi contentos, orgullosos, e agradecidos desta nova edición, cun cartel galego dun altísimo nivel”.
Esta edición do Festival de Jazz de Moaña comezará o día 14 de agosto ás 22:00 horas con Sumrrá, un dos grupos galegos de jazz de referencia tanto no noso país como no extranxeiro. Un proxecto con casi 20 anos de traxectoria que non deixa a ninguén indiferente. Formado por Manuel Gutierrez no piano, Xacobe Martínez no contrabaixo e L.A.R. Legido na batería. Seguidamente, sobre ás 23:30 horas, comezará a jam sesion a cargo de Antón Iglesias Trío.
O sábado 15 de agosto abrirán o festival Wilfried Wilde Quintet, tamén ás 22:00 horas, un proxecto do guitarrista francés afincado en Bueu Wilfried Wilde, que presenta o seu primeiro traballo xunto a Charley Rose no saxo, Xan Campos no piano, Demian Cabaud o contrabaixo e Iago Fernández na batería. Seguidamente terá lugar a jam sesion que nesta ocasión dirixirá o guitarrista Nacho Pérez xunto co seu trío.