A música social e reivindicativa de Sés chega este sábado 28 de xullo a Tomiño tralo seu exitoso paso por O Porriño. Ás 22.30 horas na Praza do Seixo, esta cantantautora, unha das artistas máis recoñecidas no panorama musical galego actual, sairá ao escenario nun concerto de balde e que se celebra no marco do programa Musigal da Deputación de Pontevedra e O son da praza! do Concello de Tomiño.
“Readmirando a condición” é o quinto traballo de SES no que a cantautora coruñesa volve aos seus inicios para volver a gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, Admirando a condición. Este novo álbum inclúe ademais un tema inédito e homónimo e converte ás cancións do seu primeiro disco cunha sonoridade moito máis potente.
Foron gravadas de novo dende cero e arranxadas por ela mesma. O seu inconfundible estilo levouna a converterse na artista máis relevante de Galicia nos últimos anos ata chegar a ser un fenómeno social que non deixa de medrar e que consegue conectar co público en todos os seus concertos.
Despois do Barrantes Folk e do XXV Encontro dos Pobos, o concerto de Ses é a terceiro gran evento do programa tomiñés O son da praza!, que achega a mellor música á Praza do Seixo durante os meses de verán.