Dende hai seis anos a veciñanza busca recuperar esta tradición a través dun concurso no que sete maios competirán por ser o mellor decorado. Dende ás 16:00 horas deste domingo, a Casa Cultural de San Mateo, en Ponteareas, abrirá as súas portas para expoñer estas creacións en base a motivos naturais para dar a benvida a primavera.
Ademais, a partir das cinco da tarde haberá actuacións musicais e as pandereteiras de San Mateo animarán tamén aos asistentes.
A Asociación de Veciños San Mauro convida a todas as familias e veciños da comarca a recuperar esta tradición e presentar, na vindeira edición, o seu propio maio. Os veciños e veciñas xa levan un mes traballando na realización das estruturas que nesta fin de semana cubrirán co arrecendo do verde e o corido das flores.