O Intercéltico do Morrazo abre a reserva de convites para os catro concertos desta edición

Un concierto del Intercéltico do Morrazo con distancia de seguridad y mascarillas este mes de octubre

Publicidad

O Concello de Moaña volve celebrar unha nova edición do Festival Intercéltico do Morrazo marcado pola pandemia. Ante a evolución da COVID19, a organización decidiu optar este ano co público sentado para garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros, de tal modo que o aforo do recinto queda limitado a 592 persoas, que serán as que poidan gozar de balde da mellor música folk a vindeira fin de semana do 30 de xullo ao 1 de agosto.

Os convites para asistir ao festival comezaron a despacharase este mesmo sábado, a partir das 10:00 horas, na Oficina de Turismo situada nos xardíns do Concello. Cada persoa poderá reservar para un máximo de seis asistentes a cada concerto. As cadeiras disporanse de dos en dous, polo que cada entrada será para dúas persoas. Os concertos trataranse de maneira independente, de forma que son as espectadores e espectadores as que elixen a cales asisten.

Non obstante, as persoas que non poidan achegarse de forma presencial estes ata Moaña terán outra opción para poder facer a reserva do convite. Será a través da plataforma Enterticket.es, que a partir deste domingo 25 de xullo, ás 17:00 horas. Esta vía dixital convivirá coa reserva física na Oficina de Turismo de Moaña, que abrirá o martes -de 17:00 a 20:30 horas-, mércores e xoves -10:30 a 14:00 e 17:00 a 21:00-, sábado -10:00 a 14:00 y de 17:00-20:30- e domingos e festivos -10:00 a 14:00-.

Pensando tamén naquelas persoas que non poidan acudir a Moaña a gozar do Festival Intercéltico do Morrazo, o evento será retransmitido en directo en streaming a través da páxina de Facebook do Festival Intercéltico do Morrazo a través da canle Tolemias.tv.

Salir de la versión móvil