O Mercado do Calvario transfórmase no Mercado da Arte

Publicidad

O Calvario é unha festa. O barrio vigués goza das primeiras horas do mes de decembro. O Mercado co Calvario acolle, por sexto ano consecutivo o Mercado da Arte. A acción, que o ano pasado celebrouse con motivo do Día das Letras Galegas, ten lugar este domingo cunha edición especial de Nadal. O evento organizado por “No todo el pescado está vendido” ofrece unha gran variedades de propostas culturais e de venda para o público.

Nesta sexta edición, que prolongarase ata as 21:00 horas, medrou en actividades e colaboradores. Haberá dous concertos que correrán a cargo de Monstrencos (Vigo) e Mounqup (Nantes). Ademais, haberá actividades para os máis cativos como o contacontos “El Niño Poeta”, Francheca da Silva, o obradoito “Miniálbum Navideño” e pola tarde haberá teatro da man de Enconarte Produccións coa súa obra “Unha familia de Valentes”. Durante toda a xornada proxectarase a curtametraxe “Océano sen rostro”, de Merche Pérez e non faltará o xantar da man de Pasito a Pasito.

A pintura en directo tamén será protagonista no evento grazas a Dismac, un cadro realizado ao longo do día polos muralistas locais Alejandro Fernández e Gonzalo Alonso, xunto a eles estará o debuxante xixonés Jorge Meana. A creación artística subastárase ao final do día.

O Mercado da Arte estase a converte nun referente cultural en Vigo. O evento naceu coa ilusión de mostrar o traballo dos artistas e levar este traballo a pe de rúa, achegándoo a un público que doutro xeito non o coñecería. Tamén se vai convertendo nunha cita importante para galeristas onde poden coñecer obras emerxentes.

Salir de la versión móvil