O musical de "El Principito" ou "María Fumaça", atractivos da programación de Nadal do Mar de Vigo

Publicidad

O Mar de Vigo tamén acollerá espectáculos pensados para os máis pequenos. Ademáis da programación especial de Nadal que deu comezo o pasado 21 de novembro, e que conta con espectáculos como "El Cascanueces" o "El Gran concierto de Año Nuevo", o Auditorio Mar de Vigo lanza una programación familiar dirixida a un público infantil con obras de teatro, espectáculos de maxia e musicais durante os meses de decembro de xaneiro.

A primeira cita desta programación infantil de Nadal será co mago cómico Jandro, que chega a Vigo o domingo 12 de decembro ás 18:30 horas para sorprender ao público con novos números. Coñecido por gañar catro veces consecutivas o premio máis prestixioso de maxia, o "Fool Us  Trophy" en Las Vegas, e polas súas aparicións no programa televisivo "El Hormiguero", o mago trae á cidade o seu novo espectáculo "Descabellado", un show orixinal, moderno e sorprendente.

A seguinte actuación estará a cargo do grupo Pica-pica o 23 de decembro ás 17:00 horas celebrando o seu décimo aniversario. Este espectáculo xa está levantando unha gran expectación e vai camiño de esgotar as entradas en poucos días. Cun carácter orixinal, fresco e divertido, o grupo, baixo o título "10 Años de Pica Pica", presentará temas novos e tamén interpretará os seus grandes éxitos. Tralo seu debut, o grupo leva 10 anos de xira ininterrompida polo noso país e Latinoamérica, con escala en USA e Marrocos. Durante estes anos publicaron varios discos e romperon  moldes en Youtube, con máis de 9.000.000 de subscritores e máis de 6.000.000.000 de visualizacións na súa canle (Pica Pica Oficial). Sen dúbida, os youtubers infantís do momento.

Dous días despois, o 26 de decemebro, será o turno de "María Fumaça" ás 18:30 horas. Unha exitosa proposta, coa cantante Uxía ó fronte nun xeito de celebrar a alegría de vivir e a diversidade. Un proxecto que non só busca a diversión e a festa, senón que se move na procura dun mundo sen barreiras físicas e mentais, onde as discapacidades sexan unha das moitas diferenzas que enriquecen a vida. E nesta ocasión, chegan con máis flow e rock rebelde, presentando o disco "O veleiro verde", co que apenas puideron facer actuacións debido á irrupción da pandemia.

O gran espectáculo do Nadal no Mar de Vigo será o musical "Antoine", baseado na traxectoria do creador de "El Principito", que trae a fermosa historia xamais contada de Antoine de Saint-Exupéry. Un espectáculo de gran formato, que levou o Premio Max ó mellor espectáculo revelación. Unha obra escrita e dirixida por Ignasi Vidal,  coas interpretacións de Javier Godino, Víctor Arbelo ou Beatriz Ros e coa banda sonora de "Elefantes", que narra a historia dun home que vía o mundo cos ollos dun neno. O musical ofrecerá dúas sesións os días 29 e 30 de decembro.

O venres 7 de xaneiro ás 19:30 a maxia volve ao Mar de Vigo como colofón da programación infantil de Nadal con Pedro Volta, quen acertará predicións imposibles cos espectadores: maxia ultra moderna e emocionante inspirada en series e películas como "La Casa de Papel", "Regreso al futuro", ou "Mandalorian". Todo iso, acompañado cunha gran pantalla para  non perder detalle da súa maxia.

O programa completo xa está dispoñible na páxina web do Auditorio Mar de Vigo e as entradas poden adquirirse na web Teu Ticket. Co ampliación do crédito do Bono Cultura da Xunta de Galicia, está a aumentar o ritmo de venda de entradas con descontos de ata un 50% que se poden adquirir de maneira presencial no Mar de Vigo de luns a venres de 18:00 a 20:00 horas.

Salir de la versión móvil