Gondomar pospón o acendido do Nadal ao domingo

Publicidad

ACTUALIZACIÓNO Concello de Gondomar vén de decretar tres días de loito oficial en memoria de Soledad Rey Valverde, asasinada presuntamente polo seu home, e suspenderá todas as actividades previstas ata o vindeiro domingo, entre as que se atopa o prendido da iluminación do Nadal este próximo sábado, que se pospoñerá ao domingo día 06 de decembro.

Gondomar dará a benvida ao Nadal este sábado 5 de decembro. O Concello comezará ás 19:00 horas coas actividades previas que darán paso, ás 20:00 horas, ao acendido oficial da iluminación. A cita, que contará cun aforo máximo de 75 persoas, será retransmitida tamén a través de internet.

“Sen dúbida o ano 2020 quedará na nosa memoria como un ano moi diferente, pero o noso obxectivo é que o Nadal en Gondomar luza igual que sempre, con todas as normas de seguridade necesarias, pero sen perder nin un pouquiño de maxia e ilusión”, asegura o alcalde Paco Ferreira.

A programación comezará ás 19.00 horas baixo a carpa situada na Praza Paradela coa animación de “trasnos máxicos” a cargo de Sarao Animación e a actuación do mago Marco, para grandes e pequenos. Será ás 20.00 horas cando se inicie a conta atrás que dará paso ao prendido oficial das luces de Nadal do municipio. Preto de 200.000 leds que iluminarán os lugares máis emblemáticos da vila.

Tres cámaras con operador e outras tres fixas colocadas en lugares estratéxicos permitirán seguir por streaming o acto, con especial protagonismo para a coñecida e xa tradicional “árbore vermella” de Gondomar ou a iluminación elixida nesta ocasión para lucir na Alameda da vila.

Amais, reproduciranse dous vídeos elaborados para a ocasión cos que se lembrará a campaña de recadación de fondos para poder garantir Reis Magos aos pequenos de familias máis vulnerables, Gondoilusión, e, un segundo no que se avanzará a programación organizada desde o departamento de Cultura do concello de Gondomar para estas datas.

Salir de la versión móvil