O Nadal de Salceda sumará circo, cabaret e tren turístico con estritas medidas antiCovid

Publicidad

Un dos municipios con maior porcentaxe de poboación infantil non pode obviar o Nadal. Así o certificou esta mañá a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, que xunto ao concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, e a concelleira de Comercio, Verónica Tourón, presentou a programación municipal para o Nadal. Con menos días, unha programación sen o tecido asociativo e con importantes medidas de seguridade antiCovid, o Concello busca consolidar a aposta pola "cultura segura" e manter a ilusión destas festas nos máis pequenos.

Neste ano quedaron atrás os tradicionais eventos, que tiSalveron que ser cancelados por seguridade, segundo explicou o concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, para lembrar que a programación estará “adaptada ao protocolos Covid” para “uns nenos e nenas que pasaron un ano moi complicado e merecen unha recompensa tras o seu bo comportamento”. Destaca este ano o "Pequeno Circo de Nadal", que volve a Salceda comandado por Nelson Quinteiro e o seu equipo para convertir a Praza do Concello nun gran cabaret de Nadal, especialmente pensado para a rapazada. As actividades irán do 21 ao 24 de decembro e incluirán concertos, visitas de personaxes, danza ou pintura. Unha das novidades este ano serán as visitas virtuais de Papá Noel, que se deberán solicitar previamente por Whatsapp no 635 886 929. Ademais, todas as actividades do Pequeno Circo de Nadal serán retransmitidas en streaming na canle de youtube do Concello de Salceda de Caselas para que ningún neno ou nena se quede sen poder velas.

Tamén volverá visitar Salceda o Apalpador, que se citará coa rapazada o 31 de decembro a partir das 19:00 horas. Xan o 2021, o 3 de xaneiro o Auditorio Municipal acollerá a visita dos Bolechas cunha "carta urxente aos Reis Magos". A cita comezará ás 18:00 horas e require inscrición previa.  Precisamente as Súas Maxestades non poderán realizar a tradicional Cabalgata debido á normativa Covid, pero si contarán cunha recepción Real o 5 de xaneiro a partir das 17:00 horas no parque Raíña Aragonta.

Para pequenos pero tamén maiores será o tren turístico de Nadal que percorrerá ás rúas do centro urbano o 26 e 27 de decembro. “Non somos Vigo pero temos máis de 400.000 leds nas nosas rúas cun deseño elegante e sobrio, de cores cálidas, e polo que moitas persoas nos levan trasladado xa os parabéns”, asegurou a rexedora local, Loli Castiñeira. O alumeado de Nadal foi instalado ademais por unha empresa local, contribuíndo deste xeito tamén á dinamización económica de Salceda. Agora, poderá desfrutarse sobre rodas.

Castiñeira lembrou na presentación da programación que todos os actos que se levaron a cabo durante o ano contaron con rigorosos protocolos de seguridade, "deixando claro unha vez máis que a cultura é segura", e que dende o Concello se vai seguir apoiando ao sector cultural "como sempre se fixo", como demostra o feito de que se mantivesen os "máis de 90.000 euros" en axudas ao tecido asociativo nun ano no que moitas das asociacións mantiveron paradas as súas actividades.

Reactivación comercial

Amais da programación cultural, Salceda presentou tamén as súas inciativas para fortalecer e dar pulo ao sector comercial. A concelleira de Comercio, Verónica Tourón, lembrou que se está a celebrar o segundo concurso de escaparates de Nadal no que participan 15 comercios da vila, e apuntou que as iniciativas do “Noites na Rúa” volverán celebrarse a principios de xaneiro. Amais, o vindeiro domingo 19 de decembro o comercio da vila permanecerá aberto para facilitar as últimas compras de Nadal.

Programación

21 de decembro

 Pequeno Circo de Nadal.

22 de decembro

Pequeno Circo de Nadal

23 de decembro

 Pequeno Circo de Nadal

24 de decembro

Pequeno Circo de Nadal

26 e 27 de decembro

Tren de Nadal. Saídas dende a Praza do Concello

26 e 27 de decembro

Obradoiros. Cociña infantil de Nadal. Auditorio Municipal. A partir das 16:00

31 de decembro

Visita do Apalpador

19:00. Patrocina: Deputación de Pontevedra

3 de xaneiro

Os Bolechas. Carta Urxente aos Reis Magos.

5 de decembro

Recepción dos Reis Magos

ADEMAIS

Salir de la versión móvil