O primeiro Orgullo LGTBI de Tomiño, festa da diversidade no rural

Publicidad

O Concello de Tomiño organiza a súa primeira edición do Día do Orgullo LGTBI. A iniciativa, que xorde ante a necesidade de visibilizar a homesexuais, bisexuais e transexuais no rural, celebrarse o sábado, 30 de xuño na contorna do Río da Pedra.

A xornada, iniciativa do Voluntariado de Tomiño, arrancará ás 11:30 horas cun modelo de celebración “lonxe do consumismo e lecer nocturno”, segundo apuntan dende o Concello, xa que busca celebralo “como unha vía de reivindicación de oportunidades”.

Polo tanto, será un encontro dirixido a todos os públicos que comezará ás 11:30 horas. A xornada contará con sesión vermú artesá e a actuación de Uxo Pousa e Gonzalo Álvarez, ao theremin e a danza, respectivamente.

Ao longo do día tamén se celebrarán conferencias, obradoiros, sesión DJ e actividades sorpresa. A actuación central chegará ás 16:00 horas co grupo coruñés Miss Lane & The Kryptonians, especializados en versionar temas de sobra coñecidos por todos en formato acústico. A festa do Orgullo de Tomiño pecharase sobre as 20:00 horas coa lectura do manifesto.

Salir de la versión móvil