A música encherá este martes 18 de xullo o Castelo de Sobroso da man do grupo Caldo, cun concerto enmarcado no programa da Deputación de Pontevedra “Tras as Ameas”. A deputada provincial Nava Castro asistirá a esta cita na que o trío integrado por María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandereta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita) ofrecerán unha proposta a base da fusión de melodías tradicionais galegas e composicións propias, con influencias das músicas europeas e atlánticas, no que é un intento de achegar a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos instrumentos. A actuación comezará ás 22 horas diante da fachada do Castelo e ten xa todas as entradas esgotadas.
Sen embargo, a programación aínda ten moito que ofrecer nos castelos de Soutomaior e de Sobroso, localizacións elixidas para a realización das actividades deseñadas ó abeiro deste programa da Deputación de Pontevedra. Algunhas das actividades pedentes deste programa, o cal extenderase ata o próximo 29 de agosto, son:
- Castelo de Soutomaior
- 20 de xullo: Mago Teto. "Rock ‘N’ Magic".
- 27 de xullo: Inventi Teatro. "As palabras perdidas".
- 3 de agosto: SU.MA. "Glamping".
- 10 de agosto: Mamá Cabra. "Paxaro amigo". "Músicas para a paz".
- 17 de agosto: Nauta. "Nino & Mambrú".
- Castelo de Sobroso
- 1 de agosto: Golfiños. "Silforiña".
- 22 de agosto: Fran Rei. "Superheroe".
- 29 de agosto: Xarope Tulú. "Lingoreteira".
Unha historia que acaba de comezar
Caldo, afincado no Val Miñor, foi gañador ao Mellor Proxecto de Música Folk nos Premios Martín Códax da Música e do Concurso Fran Pérez “Narf” no ano 2020. Para o seu primeiro disco, gravado en directo, tomaron como fío condutor o repertorio da aldea de Moscoso (Pazos de Borbén) e realizaron unha revisión do material recollido por Xisco Feijóo ás informantes Rosa e Aída Garrido.
No seu segundo álbum, Lugar A Ponte, que acaban de publicar este ano, o grupo déixase levar a través doutras estéticas. Trátase dun traballo intimista co que Caldo ten creado historias, letras e melodías cheas de recordos, no que cada tema representa un vínculo, un momento de cambio, unha relación ou unha perda.