O Revenidas abre as súas portas a milleiros de festivaleiros

Publicidad





Este venres 17 de agosto dá comezo o Revenidas, tamén coñecido coma o Festival das Linguas. O evento, que nesta edición se celebra ata este domingo 19 de agosto, é xa unha referencia no noso país pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente dende o seu nacemento no 2003 sempre cunha idea e un propósito claro: o compromiso do festival co país, coa nosa cultura e coas persoas que fan que exista.

O cartel do Revenidas 2018 componse dunha combinación de sotaques e estilos musicais como o balkan, ska, punk, rock, pop, garage, rap, hiphop, funk, dubstep, trap, reggae, folque ou electrónica. Unha experiencia popular galega arredor dunha grande comida familiar, a Gran Sardiñada Popular que deu orixe ao festival, actividades gratuítas para todos os públicos e concertos nun recinto pechado con dous escenarios no Porto de Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa os días 17, 18 e 19 de agosto do 2018.

Nesta edición o programa es´ta composto por grupos como Soziedad Alkoholika, Ayax y Prok, The Real McKenzies,Tremenda Jauría, Steve’n’Seagulls, El Drogas, Russkaja, Zoo ou Danidarría, que completan unha proposta dunhas 40 diferentes opcións musicais. Alén diso, o Revenidas tamén ten unha chea de actividades e propostas diversas para toda a familia como a sardiñada popular, a feira revenida, a música do recuncho dub, os pasarrúas, as propostas que nos achegarán tres chefs de alto nivel como son Gerson Iglesias e Pablo Domínguez, de Adega das Caldas de Ourense; e o coñecido chef vigués Alberto González, a Gala de Circo Solidaria ou os concertos a bordo do Chasula con Voodoo, Roberto Sobrado, Arremecaghona Monobanda, Xurxo Souto, Ugía Pedreira + Marina Oural e Marcelo Dobode.




Os bonos que permiten asistir aos tres días de festival están á venda na billeteira do festival por 45 euros. O mesmo sucede coas entradas para asistir a un só día de festival: de momento as do sábado pódense adquirir por 20€ e a partir dos próximos días terán un prezo de 25 €.

Programa do primer día do Revenidas

12:00: Apertura de acampada e taquillas
17:00 - 20:30: Dub na Praia (Praia do Preguntoiro)

20:00: Apertura de portas do recinto dos concertos

20:30: Ezetaerre
21:20: Joan Garriga & Galactic Mariatxis
22:20: Soziedad Alkoholika
23:50: The Real McKenzies
01:00: Ayax y Prok
02:15: Keltoi!
03:15: Balkan Bomba
04:15: Maria Turme DJ

Mapa do recinto

Salir de la versión móvil