O Rock in Río Tea quece motores con Tarque e Leiva como cabezas de cartel

Publicidad

O Rock in Río Tea 2018 é xa case unha realidade. O concello de Ponteareas e a organización da sexta edición festival presentaron esta mañá oficialmente o cartaz –que adiantou Metropolitano.gal en marzo- cunha programación do que “posiblemente é o mellor festival gratuíto da provincia”, segundo o alcalde, Xosé Represas.




Encabezando o cartel atópase Gran Cañón, a banda da que forman parte músicos consagrados da escena nacional e que ten ao fronte unha das voces máis importante do Rock and Roll en español, Carlos Tarque.

A especial relación de Tarque con Ponteareas, de onde é a súa nai e onde aínda reside boa parte da súa familia, fai que poder gozar do músico e compositor sobre un escenario da vila sexa “un orgullo para o Rock in Río Tea, e se converta no acontecemento musical máis esperado en moito tempo”. O líder de M-Clan foi “sempre a aspiración mais ilusionante para a organización, pero non o único”. Así, xunto a el, no escenario estará un auténtico “dream team” do Rock and Roll.

Gran Cañón conta nas súas filas con Leiva (Pereza) na batería e na voz, Julián Maeso ó piano e co seu inseparable órgano Hammond, Ovidi (Los Zigarros) na guitarra e na voz, Iván “Chapo” (M-Clan) ó baixo e Prisco (M-Clan) na guitarra. Unha banda que repasará ós clásicos do Rock dos 70.

A cita será o sábado, 21 de Xullo, e compartirán cartel con Terbutalina, outra banda moi desexada pola organización que aportará “ese punto de loucura garaxe-punk que fará bailar a todo o que se acerque polo parque da feira vella”.

Os Madrileños The Parrots, completarán esa enerxía garaxeira e gamberra coa que triunfan dentro e fora das nosas fronteiras. Basanta, que están a arrasar co seu último traballo “Colorama” levarán a maxia o misterio e o fuzz ó escenario no que abrirán o festival os gañadores do concurso de Bandas 2018 Atomic Lemons. Os lisboetas Her Name Was Fire completarán o cartel do sábado subindo os decibelios co seu stoner arrasador.






O Rock in Río tea comezará porén un día antes, o venres 20 de xullo cunha das bandas galegas con maior proxección do momento. Stoned At Pompeii, que xa están a xirar por todo o mundo co seu traballo “Ancroidal”, participando en festivais tan importantes como o Resurrection Fest. A banda local MET, que xa participara na primeira edición do festival volven a casa co seu espírito indie. Abrirán a xornada do venres os alumnos da CDM (Rock School) de Ponteareas, o futuro do Rock and Roll, que namoran co seu precoz talento e a súa espontaneidade.

Salir de la versión móvil