O Rosal prepárase para volver a gozar do Entroido: o gran evento, o desfile de comparsas e carrozas

Imaxe dun anterior Entroido no Rosal // FOTO: FACEBOOK CONCELLO O ROSAL

Publicidad

O Rosal prepárase para volver vivir o Entroido. Tras o parón pola crise sanitaria, o Concello convoca un ano máis o concurso de carrozas, comparsas, grupos, disfraces individuais e entroido tradicional que encherá de cor o desfile que se celebrará o domingo 27 de febreiro ás 11:00 horas na vila. O desfile percorrerá a rúa Xulio Sesto, dende a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba.

As persoas e asociacións interesadas en participar poderán inscribirse a través do Rexistro do Concello ata o mércores 16 de febreiro ás 14:00 horas.

O concurso contará por primeira vez cunha categoría específica de entroido tradicional. Ademais haberá premios para as carrozas, cun grupo mínimo de 6 persoas representando algún tema enriba dun elemento móbil; as comparsas, que deberán contar cun mínimo de 10 persoas; os grupos, de entre 3 e 9 persoas; e o individual, que inclúe a parella para aqueles disfraces que requiran de participación conxunta, a modalidade infantil e a xuvenil-adulto. En total repartiranse máis de 3.350 euros en premios entre os primeiros, segundos e terceiros postos de cada categoría.

O desfile realizarase con todas as medidas de prevención e sempre que a normativa sanitaria o permita. En caso de non poder celebrarse no seu formato habitual, o Concello estudará a posibilidade de adaptar o evento ás medidas e protocolos vixentes no momento.

Salir de la versión móvil