O talento da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, chega ao Baixo Miño

Publicidad

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, actúa este sábado 11 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Mougás e o domingo 12 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio do Rosal, dentro dos actos programados pola Asociación Piueiro con motivo da celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar do 11 ao 14 de xullo en A Guarda. Estes concertos da Orquestra no Baixo Miño súmanse ao celebrado en A Guarda o pasado mes de abril, tamén dentro das actividades culturais programadas no marco do Encontro.

Un dos obxectivos da Kv2211 é social. Estes concertos dedícanse, co fin de compartir e facer visibles os valores que representa, a Avelaíña, unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.

A Orquestra Kv2211 conta con máis de 50 membros, nenos e mozos entre 8 e 20 anos de idade, con formación en instrumentos de corda, vento, piano e percusión. O conxunto contará coas súas dúas agrupacións: en primeiro lugar, os máis pequenos, integrantes da Orquestra Infantil e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da Orquestra Kv2211 interpretará un divertido repertorio de pezas de música clásica. A entrada ao concerto é gratuíta ata completar o aforo. O proxecto Kv2211 xurdiu no mes de outubro de 2017 da inquietude de crear unha orquestra de cordas asentada en tres alicerces: educativo, cultural e social. Desde entón un grupo de mozos músicos voluntarios da Orquestra están a realizar un amplo labor formativo con estes mozos músicos ademais da adaptación das partituras ao seu nivel.

Salir de la versión móvil