O teatro afeccionado “toma” Ponteareas en outubro

Publicidad

A concellería de Cultura e Turismo do concello de Ponteareas presenta as II Xornadas de Teatro do Amador que arrancan esta fin de semana no auditorio municipal.

Ás 18:00 horas do domingo día 14 “Que 2” coa obra “Cachosdesgueches” súbese ao escenario destas segundas xornadas para as que se pode adquirir un bono de catro funcións por cinco euros ou mercar a función individual por dous euros á entrada.

Os grupos de teatro afeccionado seguirán ofrecendo arte as fins de semana de outubro e a seguinte cita chega o día 20 de outubro ás 20:30 horas con Petanaporta Teatro que presenta “Ai Carmela”. O 21 de outubro é a quenda do grupo de teatro de Celeiros que porá en escena “Véndese a burra” as 18horas no auditorio municipal. O grupo de teatro Pena do Equilibrio pecha estas segundas xornadas de teatro do Amador coa obra “Agora os vellos e as vellas xa se poden namorar” o 27 de outubro ás 20:30 horas.

Organizadas por Teatro Pena do Equilibrio en colaboración co concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra, estas xornadas pretenden achegar o teatro á cidadanía e por en valor o traballo que realizan os actores e actrices afeccionados.

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil