Durante os próximos tres meses O Porriño gozará dunha amplia oferta cultural dirixida tanto a público infantil coma a público adulto. A programación, presentada o pasado xoves 10 de febreiro, terá como protagonistas principais a música, o teatro, a animación, a lectura e diferentes conferencias.
Este venres, 11 de febreiro, terá lugar a primeira cita desta fin de semana co ciclo de charlas Acompañando na aventura de crecer "Entende como crece", coa relatora Vanesa Gómez Gándara ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal. O sábado, 12 de febreiro, o grupo folk Carapaus amenizará as rúas da vila a partir das 12:30 horas, e o domingo, 13 de febreiro, con motivo da celebración do día de San Valentín o pasarrúas estará a cargo da tuna da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, tamén a partir das 12:30 horas.
A oferta cultura do mes de febreiro continúa o sábado 19, ás 19:00 horas, coa obra de teatro "Que familia" da compañía Atrezo Teatro. O domingo 20 de febreiro será o turno da obra "Pequeatrezos", a cargo da mesma compañía, ás 18:00 horas, e o venres 25, na Praza Arquitecto Antonio Palacios a compañía Animar-T representará "O Lapis Máxico" ás 18:00 horas. A música tamén estará presente neste mes de febreiro en O Porriño co concerto de piano de Andrea García González, o mércores 23 ás 19:00 horas no Círculo Recreativo e Cultural, con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro.
O mes de marzo, comezará coa actividade de animación á lectura con Paula Carballeira o venres 4 ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal. Ademáis, esa mesma fin de semana terá lugar o concerto da banda Agrupación Musical do Porriño o domingo 6 ás 12:30 horas e o martes 8 de marzo levarase a cabo a conmemoración do Día Internacional da Muller. O resto do mes as outras das citas serán o ciclo de charlas Acompañando na aventura de crecer "Aprender a ver como ve" o vernres 11, o pasarrúas do grupo folk Fondaos do Pífaro o sábado 12, a XXV Feira de Oportunidades con animación de rúa, o concerto de jazz de Rafa Fernández o domingo 20 e a obra de teatro "De cando un paxariño esperábame tódalas mañás no confinamento" tamén o domingo 20 de marzo.
En abril tamén haberá animación á lectura con Paula Caballeira, pasarrúas do grupo de gaiteiros da Asociación Cultural de Mosende e o ciclo de charlas Acompañando da aventura de crecer "O xogo a través dos sentidos". Ademáis, terá lugar a representación da obra teatral "A nena que se comía todos os contos", o sábado 23 de abril ás 18:00 horas.
"A progamación base que hoxe presentamos completarase coas específicas deseñadas para celebrar o Entroido e conmemorar o Día Internacional da Muller e o Día de Rosalía de Castro, que se farán públicas nos próximos días", indicou o concelleiro, Bienvenido Estévez. Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo, explicou que a "cultura será un dos nosos eixos esenciais, queremos que O Porriño sexa un referente cultural". "Queremos que as manifestacións culturais aneguen a nosa vila, sacalas á rúa e traballamos para que, nos vindeiros meses, cada fin de semana actúen no Porriño agrupacións e artistas locais, ademais dos grupos das nosas asociacións culturais e veciñais", concluíu o rexedor.
Toda as actividades séran de balde e a programación completa está dispoñible na páxina web da Concellería de Cultura de O Porriño.