Os adultos tamén teñen ciclo de cine en A Guarda

Publicidad

A Guarda tamén ten a súa particular festa do cine. Tras estrear a pasada fin de semana o ciclo de cine para os máis pequenos, este venres comeza o certame "Cinema de outono" adicado para os máis adultos co filme "La chica danesa".

A proxección da primeira película deste ciclo "Cinema de outono" será o venres 20 de outubro ás 21:00 horas. "La chica danesa" é unha película dramática baseada na historia orixinal dunha parella de artistas daneses cuxa vida marital da un xiro cando o home adopta unha aparencia feminina.

O ciclo "Cinema de outono" completárase o vindeiro 17 de novembro coa proxección da película "Sully" ás 21:00 horas no Centro Cultural de A Guarda. No filme, tamén basado nunha historia real, achegarémonos á vivencia do piloto aéreo que no ano 2009 realizou unha aterraxe de emerxencia en pleno río Hudson por mor dunha avaría. O veterano piloto terá que afrontar un minucioso análise a fin de determinar se a decisión tomada foi unha heroicidade ou froito da imprudencia.

"Cinema de outono" é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer alternativas de ocio e cultura de calidade na vila de A Guarda. As películas, que son de acceso libre e gratuíto, diríxense a un público mozo e adulto.

Salir de la versión móvil