Os bretóns de Plantec súmanse ao Festival Intercéltico do Morrazo

Publicidad

Primeiro foi a aposta moañesa con Budiño. Despois sumouse Xabier Díaz para repetir a “maxia” do 2017 e a semana pasada incorporouse o Project Smok. O Intercéltico do Morrazo prepara unha das súas edicións máis potentes sumando novo grupos cada semana.


Consulta todas as novas sobre o Intercéltico do Morrazo 2018 aquí


A última das confirmacións chega dende a bretaña francesa co son de Plantec. “Desenfreados, salvaxes e poderosos”, así se define este grupo de pioneiros da nova música bretoa.

Co seu oitavo álbum, “Kontakt”, lanzado en 2015, o trío francés invoca un mundo sen fronteiras baseado na súa experiencia de percorrer Europa durante anos. Para este 2018 veñen de anunciar o lanzamento dun novo CD/DVD gravado en vivo no Festival Intercéltico de Lorient.

Yannick Plantec á guitarra, Odran Plantec á bombarda e Gabriel N’Nombi ás maquinas preparan cada espectáculo como unha inmersión nun mundo virtual a través de diferentes proxeccións durante os concertos. A cita, no Intercéltico do Morrazo entre o 26 e o 28 de xullo.

Salir de la versión móvil