Os dous escenarios do Intercéltico do Morrazo: un, Moaña; o outro, é cousa túa

Imaxe da primera xornada do Intercéltico do Morrazo 2021 // DIEGO SEIXO

Publicidad

O mellor folk soa de novo en Moaña. O Festival Intercéltico do Morrazo volve resistir. Volve a celebrarse a pesar das restricións que marca a pandemia. A nova edición xa é unha realidade. A vila morracense e a ría de Vigo teñen estes días unha banda sonora que comezou o pasado venres coa actuación de Xosé Lois Romero e Aliboria, que foros os primeiros en facer vibrar ao entregado público do Festival Intercéltico do Morrazo.

A COVID19 obriga a ter, por segunda edición consecutiva, un Intercéltico do Morrazo diferente. O público non pode bailar como anos anteriores. É unha participación diferente. Sen embargo, unha das grandes particularidades que mantivo nesta edición a organización é a retransmisión do festival en streaming a través da súa canle de Facebook (premer aquí), impulsando dous escenarios; un en Moaña e outro en calquera parte do mundo. No salón de casa, no monte, na praia ou onde se queira. Os únicos requisitos son ter Internet e moitas gañas de gozar coa mellor música folk.

Este “modelo Netflix” que repite o Festival Intercéltico do Morrazo continúa este sábado 31 de xullo co concerto de Xisco Feijoó (22:30), que presentará o seu primeiro álbum “Peixe”. O mes de agosto recíbese tamén co mellor folk. A última xornada do evento intensifícase. Primeiro coa “sesión vermú” de Susana Seivane (12:30) e posteriormente con Felpeyu (22:30).

Xisco Feijoó (S31 - 22:30)

Susana Seivane (D1 - 12:30)

Felpeyu (D1 - 22:30)

 

Salir de la versión móvil