Petiscos de inspiración europea chegan aos mercados de Cangas e Vigo

Publicidad

Fusión gastronómica para celebrar Europa. Co gallo de conmemorar a paz e a unidade do continente europeo, cada 9 de maio os países membros da Unión lembran a Declaración de Robert Schuman, berce da actual comunidade política dos 28. Con esta efeméride en mente, a Deputación de Pontevedra volve levar aos mercados da provincia a innovación e vangarda gastronómica da man do alumnado dos centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra .

“Degusta Europa”, que serviu máis de 20.000 tapas nos anos 2016 e 2017, chega nesta quenda aos mercados de Cangas, o 4 de maio de 12:00 a 13:00 horas e ao do Progreso de Vigo, o 8 de maio de 11:00 a 12:00 horas. Ademais,  “Degusta Europa” tamén visitará Lalín, Marín e Vilagarcía. Os obxectivos desta actividade son poñer en valor os produtos locais, recuperar a imaxe dos nosos mercados tradicionais e coñecer a labor que realizan desde estes dous potentísimos centros.

O fío condutor de “Degusta Europa” 2018 será a campaña “Somos Historias”, un nexo común cos 20 países da Unión Europea cos que a Deputación de Pontevedra ten relación a través de proxectos europeos. Os asistentes poderán degustara elaboracións típicas de Inglaterra, Francia, Holanda, Dinamarca, Noruega ou Francia.

Salir de la versión móvil