Esta fin de semana, Ponteareas acolle o I Galician Beer Fest, que busca converterse en "referente da cervexa artesanal" feita en Galicia, segundo apuntou esta mañá a concelleira de Comercio, Inés Vidal, na súa presentación oficial.
Durante toda a xornada, os Xardíns da Xiralda acollerán diferentes postos das cervexerías artesanais como Faxilda, Menduíña, Galician Brew, Saramagal e Nós, que buscarán convencer aos asistentes de que o seu produto é o mellor. De feito, o festival conta ademais cunha parte competitiva ao premiar á mellor cervexa artesanal no I Concurso Galician Queen.
Pero os que ademais de degustar, queiran comezar a súa aventura artesanal, poderán participar nun obradoiro de elaboración desta bebida, dando as chaves para poder comezar a producir a súa propia cervexa artesanal.
Xa á noite, a música correrá a cargo do DJ Vinvinlo a partires das 20:00 horas e do grupo La Patrulla que actuará en concerto ás 22:30 horas.
Programa de actividades:
11:00.- Apertura do GBF.
11:30.- Obradoiro de Elaboración de Cervexa Caseira.
13:00.- Sesión Vermú
14:30.- Peche do Festival
17:30.- Apertura do Festival
18:30.- Inicio da Cata do I Concurso “GALICIAN QUEEN” GBF.
19:30.- Charlas no Salón de Plenos do Concello
〈 Maria Xesús Pena Fariñas (Directora CIFP A Granxa)
〈 Boris de Mesones (Maestro Cervexeiro)
20:00.- Sesión DJ – Vinvinlo dj
21:30 .- Entrega de Premios do I Concurso GBF.
22:30.- Concerto LA PATRULLA
01:00.- Peche do GBF