Produtos eco, artesanía de Marrocos e gastronomía local cítanse o domingo en Salceda

Publicidad

Este domingo, 24 de marzo, a Praza do Concello de Salceda de Caselas acollerá a Feira de Artesanía e Agrosostible ao abeiro das XI Xornadas da Camelia. Con medio centenar de expositores, a feira abrirá de 11:00 a 19:00 horas cunha variada oferta gastronómica, cultural e artesanal.

Entre os grandes atractivos, atópanse os produtos de artesanía chegados dende Marrocos. Asemade, a feira acollerá degustación de queixos e mel, comida vegana, alimentos bio locais, cosmética natural, produtos de horta e repostaría caseira.

Na presentación do evento, Manuel Nieto, representante de Ekohuerta, destacou o “lanzamento mundial” dunha liña de produtos da nova raza de Porco Silleiro.

Así mesmo, os asistentes tamén poderán desfrutar de obradoiros de coqueirs e cesteiros así como artesanía en coiro ou madeira.

Xunto a todas as exposicións e postos, o Concello organiza tamén unha andaina ecolóxica ás 10:00 horas. Tratase dunha iniciativa que segue a corrente internacional do “plogging” que busca promocionar a actividade física á vez que se recolle lixo (se o hai) nas beiras dos sendeiros. Xunta a esta iniciativa, ás 12:00 horas sairá da Praza de Abastos una “canmiñata”, unha andaina tamén pensada para as mascotas.

A Feira de Artesanía celébrase ao abeiro da Xornada da Camelia que este 2019 espera reunir máis de 500 variedades desta flor que atrae a milleiros de visitantes. Os que se acheguen poderán ademais comprobar outros innovadores usos da Camelia, como o aceite, o xabón ou o marmelo.

Salir de la versión móvil