Non perdas nada: Así é o mapa e a programación completa da Reconquista de Vigo

Recreación del asesinato de tres vecinos que se negaron a brindar por José Bonaparte // Concello de Vigo

Publicidad

Tres torreiros, moita música tradicional, postos gastronómicos e, boa troula. A Reconquista 2018 xa está aquí. Esta fin de semana, se o tempo o permite, Vigo retrocederá novamente a 1809 para dirixir o seu destino, desfacerse dos invasores e armarse de afouteza. A Asociación Casco Vello de Vigo ten xa todo listo para unha das grandes festas da cidade. "Unha auténtica romaría urbana", nas verbas do alcalde, Abel Caballero. Seremos quen de expulsar ao inimigo?

A festa arrancará o sábado, día 7, ás 10:00 horas coa apertura do mercado tradicional. Porén, a inauguración oficial será ás 18:15 horas no Torreiro do Casco Vello, situado no Berbés. A música, nesta primeira xornada estará dividida nos tres torreiros: o do Casco Vello no Berbés, o Torreiro Novo na Porta do Sol e o Torreiro Mahou na rúa Chao. As actuacións correrán a cargo de Escaravellos, Lagharteiras, Pandereteiras Bouba,  Tamburainas Pandereteiras ou Laretas, entre outros.

Ademais, ao longo do día haberá tamén espectáculos de maxia, contacontos e charlas.

Xa o domingo, día grande, a cita central será ás 18:00 horas coa representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol. A música, nos torreiros, irá acompañada de Tropa Grileira, Os Viqueiras, Augas de Maio, Ghaiteir@s do  Casco Vello e unha foliada de despedida.  En total, ao longo das dúas xornadas, máis de 30 grupos tradicionais animarán o recinto da festa ao longo das dúas xornadas.

Programación oficial Reconquista de Vigo 2018


Pódeche interesar: Heroes da Reconquista: de Carolo aos sermóns de guerrilla do Abad de Valladares


 

Salir de la versión móvil