Project Smok, nova incorporación ao Intercéltico do Morrazo

Publicidad

Semana a semana imos coñecendo os compoñentes do cartel do vindeiro Festival Intercéltico do Morrazo que terá lugar na última fin de semana de xullo. A nova incorporación é Project Smok, un proxecto de Ali Levack e Pablo Lafuente. Cun dominio absoluto dos seus oficios, a súa música é unha mestura maxistral de whistle e guitarra.

O apaixonado whistlede Ali Levack asubía influenciado polos grandes músicos de vento do jazz e polas súas raíces na música escocesa: un longo camiño dende a tradición na que medrou, aprendendo o seu oficio como gaiteiro de Highland cos grandes mestres. Esta mestría traduciuse no impulso da súa artes as novas cotas, cunha improvisación ardente e un virtuosismo absoluto. O acompañamento de Levack vén das cordas de Pablo Lafuente, unha guitarra chea de ritmo que se complementa á perfección co seu estilo.

O álbum debut de Smok, "Horizon's", lanzouse na primavera de 2018. Ademais das súas composicións, tamén interpretan pezas de bodhran do lendario Martin O'Neill. "Horizon's" reflicte o carácter colaborativo de Smok: tanto na gravación como nos directos, o dúo aproveita as súas conexións para convidar artistas da vibrante escena popular escocesa, un plan que permite gozar do mellor no escenario.

Os músicos integrantes deste Project Smok e que deleitarán ao público que acude ao Intercéltico do Morrazo son Ali Levack ao whistle, Pablo Lafuente á guitarra e Craig Baxter ao bodhran.

Salir de la versión móvil