Salceda volverá celebrar este mes de setembro a súa particular ruta de petiscos asociados a nosa música. A sexta edición do Pincho Folk contará este ano cun total de quince establecementos participantes que oferterán as suas particulares creación de petiscos.
Como é habitual, esta iniciativa da concellería de Comercio e Turismo que dirixe Loli Castiñeira estará activo os sábados e domingos, dividíndose os participantes nunha das dúas xornadas. Así, os venres do mes de setembro poderase seguir o itinerario a través de oito establecementos (Galeón Pirata, Bar Caselas, A Calustra, Cafetería Altamira, A Tabertenda, Pizzería D’Camilo, Heladería Cream e Café Bocatería Encontros) namentres que o sábado ofrecerán petiscos os sete restantes (London Bar, A de Copi, La Tapita, Bar Ozores, O Templo, Charango, Café Bar Anaís).
Os asistentes poderán degustar as tapas todos os venres e sábados entre o 7 e o 29 de setembro en horario de 20:00 a 0:00 horas. O prezo de cada pestisco será de 1€, máis consumición mínima.
Todos os participantes que cubran o pasaporte do roteiro poderán participar en diferentes sorteos e premios, como unha fin de semana de enoturismo na Ribeira Sacra, un circuíto termal, un lote de produtos gastronómicos e talóns de 100€ para consumir nos locais.
A gran particularidade deste roteiro de petiscos é a de converter os establecementos en escenarios de foliadas improvisadas. Así, todos os grupos folk, de gaiteiros ou pandereteiras están invitados a participar activamente no roteiro para acompañar con música aos petiscos.
No seguinte mapa podes consultar os establecementos participantes (cor negra os vernes e cor amarela os sábados).