Redondela acollerá a proxección e un coloquio sobre o documental "Beiras, vivir 2 veces"

Publicidad

Enmarcado noCiclo de Cinema Galego, Redondela acollerá a proxección do documental "Beiras, vivir 2 veces", que terá lugar este venres 14 de abril ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Ademais, á proxección asistirá o propio Xosé Manuel Beiras para ofrecer un coloquio e charlar sobre o documental cos veciños e veciñas de redondela

O documental forma parte do programa de proxeccións do Ciclo de Cinema Galego, unha iniciativa promovida pola Academia Galega do Audiovisual e apoiada polas catros deputacións galegas e á que está adherida o Concello de Redondela.

"Beiras, vivir 2 veces"

"Beiras. Vivir 2 veces" é un documental dirixo por Pepe Coira, Gaspar Broullón e Jorge Coira onde repasan a traxectoria de Xosé Manuel Beiras seguindo dúas pistas: dunha banda, os lugares que mellor o identifican; e doutra, as imaxes máis emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas. O repaso da experiencia trénzase cunha das actividades predilectas do protagonista: a conversa. No documental, Beiras atópase con algunhas das persoas coas que mellor falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.

Salir de la versión móvil