Rock feminista e soul do país para celebrar a Diversidade en Moaña

Publicidad

O coronavirus paralizou a celebración da diversidade pero non a anulou. A terceira edición desta festa que cada verán converte a Moaña nun exemplo de igualdade e respecto pola diversidade sexual celebrarase finalmente este mes de setembro. Despois de ser adiada, a cita chegará o 26 de setembro.

Aínda que este ano non haberá actos na Praza do Concello, despois de seren instalados bancos coa bandeira LGTBI e Trans nas anteriores edicións. Porén, non faltará a música da que se encargarán Balea’s e The Tetas’Van. A presentación do evento corresponderá a María Faltri.

O grupo cangués de Balea’s especialízase na adaptación de temas de blues, funk, soul e rock amais de temas propios da banda. Actuará a partir das 21:00 horas. Pola súa parte, The Tetas’ Band é un grupo ourensán que naceu co obxectivo de levar o rock feminista a revolucionar as salas do país. A súa quenda chegará ás 22:30 horas.

A cita desenvolverase no arboredo da Xunqueira e a entrada será de balde até completar aforo, polo que non será necesario obter entrada previa. A organización contará cun rigoroso protocolo antiCovid para garantir a distancia entre os asistentes e os accesos e saídas diferenciados.

A Festa da Diversidade de Moaña naceu en 2018 co obxectivo de unir todas as identidades insistindo en que todos somos persoas, sen máis, independentemente do noso xénero, sexo biolóxico ou identidade sexual. A cita está organizada polas concellerías de Turismo, Mocidade e Igualdade. Conta co apoio de diferentes colectivos LGTBIQ da comarca.

01ene00:0000:00

Fecha

jueves, 1 enero 12:00am - 12:00am(GMT+01:00)

Salir de la versión móvil