Salceda daralle a benvida ao 2022 antes que ninguén cunha Prenoitevella este sábado

Publicidad

Os salcedenses xa se están a preparar para ser os primeiros en darlle a benvida ao 2022. O Concello de Salceda de Caselas incluíu no programa de Nadal deste ano unha Prenoitevella que se celebrará este sábado 18 de decembro e que xunto ao Pequeno Circo de Nadal e a San Silvestre serán as grandes atraccións do municipio.

A velada comezará ás 19:30 horas coa "Charanga Nova Jomada" que amenizará as calles do centro urbano. Ás 23:00 horas repartíranse as uvas da sorte na Praza do Concello e comezará a gala das badaladas con "Dj Chimo", que dará paso ao discurso a cargo da Peña Jolgorrio. Ás 00:00 sonarán as campás da Casa da Cultura Castelao coas que haberá que comerse as doce uvas.

Trátase dun evento que se celebrou en 2013 para darlle a benvida ao 2014 e que este ano o Concello, en colaboración con Acisa (Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda), quixeron recuperar como unha das grandes citas do Nadal. "É unha iniciativa dos propios comerciantes como colofón ás actividades que levan poñendo en marcha cada mes durante todo o ano co obxetivo de dinamizar o comercio", explica Álex Rodríguez Canosa, concelleiro de Cultura de Salceda de Caselas.

Con esta Prenoitevella vota a andar o programa de Nadal 21-22 de Salceda que este ano contará, ademais, co "Concerto da Banda Cultural de Salceda" o domingo 19 de decembro, cunha "Papanoelada Moteira" a cargo do Motoclub A Lo Loko o mesmo día, cun obradoiro de Casas de Xenxibre, co III Encontro Ranchos Tradicionais o domingo 26 de decembro, coa San Silvestre Solidaria o xoves 30 de decembro e cunha das atraccións máis esperadas, o Pequeno Circo de Nadal que se instalará na Praza do Concello dende o 27 ata o 30 decembro.

Salir de la versión móvil