“Unha programación que busca atender a todos o públicos, cun peso moi importante das asociacións e en múltiples escenarios”. Así definiu esta mañá a concelleira de Cultura de Salceda, Tere Pérez, a programación do “verán cultural” do municipio que foi presentada esta mañá.
En total, a axenda de verán contará con 18 días de actividades dende o 29 de xuño até o 16 de xullo, pechándose coas Festas do Cristo. Exposicións, actividades para a rapazada, música e concertos, teatro e moita troula son os eixes fundamentais dunha programación que, nas verbas do alcalde, Marcos Besada, “ilustra a variedade e dinamismo que Salceda profesa cada día”.
A cita arrancará xa que logo este venres, 29 de xuño, con cinema na rúa para toda a familia. O Parque da Raíña Aragonta acollerá a partir das 23:00 horas a proxección de “Os pitufos na aldea agochada”.
Dentro das actividades infantís, celebraranse tamén “manualidades en familia” (3 de xullo, Praza do Concello, 18:00 horas), un obradoiro de pompas xigantes na “festa das pompas” (10 de xullo, 19:00 horas, Praza do Concello) ou un espectáculo de maxia (11 de xullo, 20:00 horas, Praza do Concello).
No apartado musical, a axenda contará con citas xa históricas como o XXVII Certame de Bandas de Música, que este ano continuará no CEP Altamira cara onde se desprazou fai uns anos (7 de xullo, 21:30 horas) ou o XXIII Festival Folclórico cos Grupo Folclórico Castro Barreiro, Grupo Folclórico Xunco, Grupo Folclórico O Será, Grupo de Gaitas Airiños de Caselas e Colla Dolçana (12 de xullo, Parque Raíña Aragonta).
Pola súa parte, a IV edición do Vaia Cristo, organizada pola asociación cultural Treze Catorce, contará no cartel con BlackStereo e O Sonoro Maxín. A cita celebrarase o venres, 13 de xullo, no antigo matadoiro a partires das 22:30 horas.
Festas do Cristo de Salceda
No apartado das festas, o Mercado Medieval (29 de xuño ao 1 de xullo), o Entroido de Verán (6 de xullo) ou a Festa da Escuma (9 de xullo) serán a previa trouleira das Festas do Cristo, que se celebrarán do 14 ao 16 de xullo.
O “Cristo” de Salceda contará este ano coas orquestras Nazaret, Pasarela e Canela, aínda que a actuación estrela chegará da man de Treixadura. O histórico grupo de folk encherá de música Salceda o sábado, 14 de xullo.
A continuación podes consultar as actividades previstas dentro do Verán Cultural de Salceda, todas elas de balde.
Grupo Pedracarballa
Mércores, 4 de xullo, 22:30 horas
Praza do Concello
Actuación Centro Cultural San Xurxo
Xoves, 5 de xullo, 22:30 horas
Praza do Concello
XXVII Certame de Bandas de Música
Sábado, 7 de xullo, 21:30 horas
CEP Altamira
Participan: Banda Municipal de Agolada, Unión Musical de Meaño e Banda Cultural de Salceda
Actuación Centro Cultural O Borralliño
Luns, 9 de xullo, 22:30 horas
Parque Raíña Aragonta
Actuación Agrupación Centro Cultural Xunco
Mércores, 11 de xullo, 22:30 horas
Praza do Concello
XXIII Festival Folclórico
Xoves, 12 de xullo, 22:00 horas
Parque Raíña Aragonta
Participan: Grupo Folclórico Castro Barreiro, Grupo Folclórico Xunco, Grupo Folclórico O Será, Grupo de Gaitas Airiños de Caselas e Colla Dolçana (San Vicent del Raspeig)
IV Vaia Cristo
Venres, 13 de xullo, 22:30 horas
Senda Fracisco Estévez (Antigo matadoiro)
Isabel Valcárcel: Patchwork
Do 2 ao 16 de xullo
Auditorio Municipal
Meninas en Flor
Do 2 ao 16 de xullo
Auditorio Municipal
Manualidades para adultos
Xoves, 12 de xullo, 19:00 horas
Casa da Cultura
Cine na rúa en familia
Os pitufos na aldea agochada
Venres, 29 de xuño, 23:00 horas
Parque Raiña Aragonta
Manualidades en familia, Isabel Valárcel
Martes, 3 de xullo, 18:00 horas
Praza do Concello
Día da infancia
Mércores, 4 de xullo, 18:00 horas
Inchables, xogos, etc.
Parque da Gándara
A festa das pompas: obradoiro de pompas xigantes
Martes, 10 de xullo, 19:00 horas
O Show de Willy Pomper
22:30 horas
Praza do Concello
Mago Javier Muro
Mércores, 11 de xullo, 20:00 horas
Praza do Concello
Entroido de Verán
Venres, 6 de xullo
Mercado Medieval
Do 29 de xuño ao 1 de xullo
XV Rallye SURCO
Sábado, 7 de xullo
Festa da escuma
Luns, 9 de xullo, horas
Praza do Concello
Sábado, 14 de xullo
20:00 horas | VI Desfile Agrupación Gaiteira de Salceda
22:00 horas | IX Estourazo de inicio das festas
23:00 horas | Verbena con Nazaret e concerto de Treixadura
Domingo, 15 de xullo
11:45 horas | VII Acto Cívico "Salcedenses distinguidos/as
13:30 e 21:00 horas | Concertos da Banda Cultural de Salceda
22:00 horas | Verbena con Pasarela e Canela
Luns, 16 de xullo (festivo local)
20:00 horas | A historia de Brancaflor (4 a 9 anos, contacontos)
21:00 horas | O Coliño Bailongo (Grupo de baile)
21:30 horas | Clase aberta de zumba
22:30 horas | Verbena con Kubo e Saudade
Martes, 3 de xullo
Exhibición do club Judo Tudense, 22:00 horas no Parque Raíña Aragonta
Baile de Salón con Patricia Martínez e alumnos, 22:30 Parque Raíña Aragonta