Salceda presenta o triángulo máxico do Entroido pontevedrés con tres citas "extraordinarias"

Publicidad

Se a provincia de Ourense ten o seu particular triángulo máxico, cos carnavais de Laza, Verín e Xinzo, a provincia de Pontevedra conta, amais do histórico Carnaval de Cobres, cunha tripla cita a non perder: a dos tres entroidos de Salceda de Caselas, a capital do carnaval na área metropolitana de Vigo. "Vivimos nunha singularidade", asegurou esta mañá a rexedora local, Loli Castiñeira. "Somos un pobo pequeno de 9.200 habitantes que conta con tres entroidos: o dos nenos e nenas, con 1.200 rapaces, o institucional de carrozas no domingo e o tradicional co enfrontamento de Castro Barreiro e a Feira no martes", explicou. Unha característica única que converte ao carnaval da vila "no mellor do mundo", asegurou.

Son, por tanto, tres as grandes citas que nos esperan como cada ano en Salceda. Pero como de costume, o seu carácter máis singular e único o representa o enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira. Un evento que se repite dende mais de 130 anos, que superou a represión da ditadura franquista e que chegou até os nosos días como un verdadeiro ritual no que dous pequenos barrios realizan o seu particular derbi que, curiosamente, non ten gañador. A cita, que acolle a milleiros de persoas, terá lugar o martes, ás 17:00 horas. Porén, tanto o luns como o martes ambos dous barrios compiten tamén por ter a mellor verbena, cun cartel que non se fai público case que até a propia xornada de Entroido.

Por outra parte, dende o ano 2018 a Feira vén representando ademais o que xa se coñece como “entroido histórico”, coa presentación do seu rancho formado por seis danzantes e dúas damas, que aparecen rodeados dos cabaleiros, encargados de abrir espazo entre o público para que o rancho poida realizar as súas danzas. Os ranchos comezarán o domingo ás 12:30 horas na Praza do Concello.

O venres, 21 de febreiro, serán as novas xeracións as que saian a rúa nun dos concellos con maior poboación moza de Galicia.  O "entroido infantil" conta con máis de 1.200 nenos e nenas de 0 a 16 anos que desfilan pola vila.

Pola súa parte, a terceira festa, o "entroido institucional" acollerá máis de 100 participantes nun desfile de carrozas e comparases que celebra este ano 22 edicións. Terá lugar o domingo ás 17:00 horas.

A programación de Entroido de 2020 tivo lugar este venres da man da alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, acompañados por representantes de ámbolos dous barrios (Sofía Carracedo e Félix Méndez pola Feira e Arancha Rodríguez e Ana Troncoso polo Barreiro), que non perderon oportunidade de defender o seu como o Entroido máis apaixoante e o único capaz de unir a todo un barrio independentemente dos gustos, intereses ou incluso ideoloxía política de cada quen, co único fin de facer un mellor entroido que o barrio rival.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2020

Venres 21 de febreiro

Sábado 22 de febreiro

Domingo 23 de febreiro

Luns 24 e martes 25 de febreiro

Martes 25 de febreiro

Salir de la versión móvil