Salceda únese este venres para loitar contra o cancro

Publicidad

Por cuarto ano consecutivo, Salceda de Caselas celebrará este venres 19 de outubro unha xornada na que a solidariedade será a protagonista. A finalidade, neste caso, será de recadar fondos para a loita contra o cancro. A partir das 21:30 horas, na Praza do Concello, máis dun centenar de mulleres participarán nunha exhibición de zumba, nunha iniciativa da Concellaría de Sanidade do Concello que dirixe Loli Castiñeira e que se celebra baixo o nome de "Zumba contra o Cancro".

Coa colaboración dos instructores Niko, Maggy, Noelia, Cris, Inma, Tania e Adela, a zumba contra o cancro suporá un xeito de concienciar a todas as persoas asistentes na necesidade de tomar parte activa na loita contra unha enfermidade que, grazas a iniciativas como estas, pouco a pouco vai atopando vías de saída. Na exhibición participarán alumnas dos sete instrutores, así como outras mulleres e homes que queiran sumarse ao evento.


É do teu interese: Unha carreira contra o cancro de mama en Vigo


Na mesma Praza do Concello instalarase un posto de venta de camisetas cuxa recadación irá destinada á Asociación de cancro de mama Pilar Domingo. O pobo de Salceda, que sempre se caracterizou pola súa solidariedade e apoio aos que máis o precisan, secundará, sen dúbida dalgunha, esta iniciativa tan solidaria como necesaria.

Loli Castiñeira, concelleira de Sanidade, sinala que "non temos ningunha dúbida de que a sociedade salcedense volverá ofrecer unha resposta positiva ante esta iniciativa. O cancro está a ser unha enfermidade debastadora, pero cada vez máis a detección precoz e os avances en investigación están a conseguir uns resultados máis alentadores".

Salir de la versión móvil