San Rockers abre na Ramallosa a programación cultural de maio

Publicidad

O Concello de Nigrán arranca este sábado a programación cultural de Maio co concerto do grupo pop/rock de Chandebrito 'San Rockers' ás 21:30 horas na Ramallosa (Parque da Feira) e a homenaxe póstuma á poetisa de Panxón Fina dende as 19:30 no Auditorio Municipal.

Co espectáculo de San Rockers o Concello quere animar o centro neurálxico do comercio de Nigrán nunha xornada de gran consumo como é o día previa ao Día da Nai. "Queremos que o mellor plan sexa vir a Ramallosa a consumir e para despois asistir a un concerto con música animada como é San Rockers", subliña o alcalde, Juan González.

Adicado as letras galegas, neste mes cobran especial importancia o teatro e a música; con representacións no Auditorio Municipal de Teatro do Ar (días 17 e 19), Virabolta (11 e 25) e Juan María (26) ou contacontos na Biblioteca (18); e música en directo co primer festival 'Toleamos' do CEE de Panxón (12), o concerto do acordeonista de Priegue Roberto Comesaña no novo parque Xosé Vázquez Grela (18) ou a Banda da Loba no Auditorio Municipal (20) . Ademais, coma sempre, o deporte xogará un papel destacado co Tríatlon Desafío Illas Estelas Nigrán este domingo día 6 na contorna de Praia América e o Campionato Galego por equipos o 19, ademais da clásica marcha ciclista do Val Miñor o 17. Como novidade, a Praza de Abastos de A Ramallosa acollerá o día 26 o seu primeiro mercado agrícola local.

Salir de la versión móvil